Título de la tesis doctoral: «Por boca de»: achegas á historia da interpretación do centro e sur de América (1518-1870)
Doctorando: Óscar Ferreiro Vázquez
Director: Dr. D. Xoán Manuel Garrido Vilariño
Lugar de la lectura y defensa: Salón de Grados de la FFT de la UVigo
Hora: 16.30 h
Fecha: 01/02/2016

Premio Extaordinario de Doutoramento do ámbito Arte-Humanidades_2015-2018

Bionota do Doutorando

Óscar Ferreiro Vázquez naceu no cantón de Fribourg (Suíza). Licenciouse en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e obtivo o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) no programa de doutoramento Tradución e Paratradución: modos culturais e políticas de Tradución. Tamén está acreditado pola Escola Oficial de Idiomas cos diplomas de nivel Avanzado nas linguas francesa, portuguesa e Galega. Posúe o certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) polo Instituto de Ciencias da Educación (Universidad Complutense de Madrid). É tradutor-intérprete xurado de francés-galego-francés, habilitado pola Secretaría Xeral de Política lingüística (Xunta de Galicia).

© Luciano Cañadas Álvarez

Ao respecto da experiencia docente universitaria é profesor asociado no departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, desde o curso 2006-2007, onde imparte diferentes materias no grao de Tradución e Interpretación. Cabe destacar, tamén, a docencia (materia: Tradución especializada Económico-Comercial: Francés-Galego-Francés/Francés-Español-Francés) no Máster en Tradución para a Comunicación Internacional.

No ano 2013 foi convidado polo profesor Patrick Lesbre da Université Toulouse-Le Mirail para participar na Journée d’études: Interprètes en Amérique coloniale Hispanique. A comunicación titulouse «Los mediadores lingüísticos en la colonización : los intérpretes en la Real Audiencia de La Plata de los Charcas». No 2015 o Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Porto (ISCAP), a través da profesora doutora Luísa Langford, convidouno para dar unha conferencia «A presença/ausência de representação de intérpretes na iconografia da conquista de América: Códex, Cronistas e Tlacuilos». Nos anos 2012 e 2013 levou a cabo dúas estadías de investigación nas Universidades de Toulouse II-Le Mirail (Toulouse) e de La Sorbonne Nouvelle (París), respectivamente.

Na empresa privada impartiu máis de 1 500 horas de formación ao cadro de diferentes empresas, as especialidades impartidas eran francés administrativo, marítimo, empresarial e comercial, entre outras. Durante cinco anos levou a cabo tarefas de tradución e interpretación nunha empresa recoñecida da cidade de Vigo, encargándose tamén de coordinar un equipo de tradutores e intérpretes para dar servizos lingüísticos a máis de cen empresas nacionais e internacionais.


Composición del tribunal

02 DiapoTesisOSCARPresidente: Dr. D. Antonio Bueno García (Universidad de Valladolid)

Secretaria: Dra. D. Ana Luna Alonso (Universidade de Vigo)

Vocal:  Dr. D. Karl Schurster Sousa Leão (Universidade Estadual de Pernambuco, Brasil)

Expertos externos para la Mención Internacional

Primer experto: Dr. D. Enrique Gutiérrez Rubio. Univerzita Palackého Olomouci (República Checa), Facultad de Filosofía e Letras, Departamento de Linguas Románicas.

Segunda experta: Dra. Dª. Luisa Langford. ISCAP- Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Porto (Portugal).

Óscar Ferreiro Vázquez en la prensa