Axudas para participación en feiras e festivais internacionais do sector do libro
A Xunta de Galicia publicou o mes pasado as bases reguladoras para a concesión de subvencións a creadoras e creadores dos ámbitos da escrita, da ilustración e da tradución por participaren en festivais e en feiras internacionais do sector do libro que teñan lugar en 2019.
Cada persoa pode solicitar axuda para a asistencia a un único festival ou feira internacional e beneficiarse dunha soa axuda. Son subvencionábeis os gastos que estean facturados e pagados entre o 1 de xaneiro e o 15 de decembro de 2019. A adxudicación farase por orde de solicitude, e o prazo remata o 29 de maio ás 00:00 horas.
O resto de datos necesarios para realizar a solicitude figura na orde publicada no DOG: https://www.xunta.gal/dog/ Publicados/2019/20190429/ AnuncioG0535-150419-0001_gl. html