Mobilidade
Co obxectivo fomentar o intercambio científico e académico entre as institucións participantes, así como promover a mobilidade de alumnado e profesorado, o Progrma de doutoramento en Tradución e paratradución ten asinados cinco convenios con distintas universidades europeas e americanas.
- Co Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Instituto Politécnico de Porto (ISCAP-IPP), dende o 3 de febreiro de 2016.
- Coa Universidade de Varsovia, asinado o 22 de febreiro de 2018
- Convenio multilateral, asinado o 13 de xaneiro de 2016 coa Universidade de Lisboa, a Universidade católica portuguesa e a Universidade Nova de Lisboa a través do seu «Programa de doutoramento interuniversitário em Estudos de Tradução».
- Convenio marco e convenio específico para o intercambio de estudantes coa Universidade de Pernambuco (Brasil), asinado o 20 de agosto de 2020.
- Coa Universidade Federal de Santa Catarina de Florianópolis (Brasil), asinado o 26 de novembro de 2020.
O Programa de doutoramento en Tradución e paratradución convoca anualmente, a través da EIDO, bolsas de mobilidade que se financian a cargo aos orzamentos do programa. Estas bolsas están destinadas a contribuír a sufragar cando menos unha parte dos gastos das estadías de investigación ou de asistencia a congresos ou cursos de interese para o alumnado. En función da dispoñibilidade orzamentaria, o programa convocou ata o momento as seguintes bolsas:
Curso |
Número de bolsas |
Contía total |
2014-15 |
5 |
1.750€ |
2015-16 |
5 |
2.500€ |
2016-17 |
4 |
1.000€ |
2017-18 |
2 |
750€ |
2018-19 |
3 |
1250€ |
2019-20 |
Non se convocaron |
0€ |
2020-21 |
Non se convocaron |
0€ |