Ruth Matilda Anderson, pioneira da tradución de Rosalía de Castro ao inglés
Alba Rodríguez Saavedra, doutoranda do Programa de doutoramento en Tradución e paratradución, será a encargada dun dos Faladoiros que organiza o Centro de documentación e recusos feministas do Concello de Vigo.
Co título «Ruth Matilda Anderson, pioneira da tradución de Rosalía de Castro ao inglés», o faladoiro presentará a Ruth Matilda Anderson, investigadora e fotógrafa de The Hispanic Society of America e a primeira tradutora de Rosalía de Castro ao inglés. Malia iso, tanto ela coma o seu traballo ficaron ausentes da nosa memoria ata tempos ben recentes, cando se comezou a recuperar a súa figura, aínda que tan só na súa faceta como fotógrafa.
O faladoiro terá lugar o día 1 de marzo ás 19.00 na Biblioteca Pública de Vigo «Juan Compañel» , na rúa Joaquín Yáñez 6, 2º.
Máis información neste pdf.