Bolsas de Mobilidade para o alumnado de Doutoramento, 2020/2021
OBXECTO:
Contribuír a paliar os gastos ocasionados ao alumnado da Universidade de Vigo matriculado nos programas de doutoramento, con motivo da realización de estadías que permiten o recoñecemento de mención internacional, e demais actividades incluídas na súa programación académica que impliquen desprazamento.
CONTÍA:
DESTINO | Desprazamento inferior a 28 días | Estadía de 28 días en adiante |
Galicia | 100 € | 100 € |
Península Ibérica e Baleares | 250 € | 750 € |
Canarias | 450 € | 950 € |
Europa e hemisferio norteafricano | 500 € | 1.300 € |
Asia e Oceanía | 1.000 € | 1.800 € |
Resto do mundo | 800 € | 1.600 € |
REQUISITOS:
- Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2020/21 nalgún dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo.
- Realizar durante o curso 2020/2021 a actividade (de acordo coa súa programación académica) que implique o desprazamento a outras universidades participantes no programa de doutoramento, a outros centros de investigación, ou a asistencia a congresos e cursos. No caso de estadías de investigación deberá ter unha duración mínima de 28 días.
- O desprazamento terá que estar finalizado antes do 01/11/2021, e non poderá conter períodos de baixa temporal no programa de doutoramento.
- Contar co informe favorable das persoas directoras da tese e da comisión académica do programa de doutoramento (CAPD).
- Ter aprobado pola CAPD o Plan de Investigación.
- Para alumnado que ingresara no curso 2018/19 ou anterior, ter aprobadas pola CAPD as avaliacións anuais que pola súa situación lle sexan esixibles:
- Con carácter xeral ter aprobada a avaliación anual do curso 2019/20.
- Para alumnado que tivera períodos de baixa no programa de doutoramento, aplicarase unha condición equivalente considerando os seus períodos de alta no programa.
Máis información: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/680