A doutoranda Alba Rodríguez Saavedra, Premio Enxeñeiro Comerma do Concello de Ferrol
Alba Rodríguez Saavedra, doutoranda do noso Programa de doutoramento en Tradución e paratradución, acaba de gañar o Premio Enxeñeiro Comerma que o Concello de Ferrol outorga a investigacións no eido das Humanidades. O título do traballo premiado é A tradución das marxes como reivindicación das mulleres galegas. Elas, as elididas, a través de Ruth Matilda Anderson, distinguido ex aequo xunto a Las reformas arquitectónicas en los monasterios del Cister de Galicia, tras su ingreso en la congregación de Castilla por el maestro Juan de Cerecedo “El Viejo” y los aparejadores de su círculo, de Yolanda Barriocanal López, profesora titular do Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo.
En palabras da autora,
Con este traballo, froito da investigación arredor da polifacética figura de Ruth Matilda Anderson (1893-1983), recuperamos para a literatura galega a maior tradutora de Rosalía de Castro (1837-1885), desde o galego ao inglés, ata o ano 1964, cando Filgueira Valverde editou Poems, a antoloxía na que se recolle o total da produción lírica rosaliana nesa lingua, e recuperámola en clave reivindicativa e feminista, antagónica á manipulación que o canon construíu da súa figura e obra. Recuperamos, tamén, a Emilia Pardo Bazán como erudita, feminista e escritora de Galicia. E recuperamos, en fin, as mulleres galegas, con voz propia, para que os seus testemuños ergan unha investigación insólita, a de Anderson, sobre o noso país.
A noticia nos medios:
- «El Concello de Ferrol anuncia los premios de investigación Antonio Usero, Enxeñeiro Comerma y Concepción Arenal»
- «Cinco trabajos de investigación se llevan los premios Usero, Comerma y Concepción Arenal»
- «El coste social de la soledad no deseada en España» gana el premio Concepción Arenal»