Ana Luna Alonso é profesora titular no Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, onde imparte docencia de grao, mestrado e doutoramento.
Dirixiu varias teses de doutoramento, coordinou cursos e xornadas, e organizou varios simposios e congresos internacionais sobre tradución e políticas de tradución.
É investigadora do grupo BITRAGA (Biblioteca da Tradución Galega) en BiFeGa, participou en varios proxectos financiados polo Ministerio e a Xunta de Galicia como IP e colaborou en diferentes proxectos de investigación como CULTURFIL da USC, CRET da UB ou EACT da UAB.
Ao respecto da súa experiencia docente universitaria, é profesora titular no departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo dende o curso 1995-1996. Imparte diferentes materias no grao en Tradución e Interpretación, así como no Máster en Tradución para a Comunicación Internacional —que recibiu a mención de excelencia por parte do goberno da Xunta de Galicia— e no programa de doutoramento Tradución & Paratradución. É directora do Título propio de Especialista en Edición.
Entre as súas actividades dedicadas aos Estudos de Tradución e Interpretación hai que incluír os estudos socioculturais do contexto no que se desenvolve a tradución dende e cara ás linguas minorizadas, a historia da tradución e das persoas que traducen, o estudo dos fluxos de tradución e as políticas de tradución editorial nos que a perspectiva de xénero e feminista son centrais.
- Luna-Alonso, Ana (2023). Escritoras gallegas paratraducidas en el espacio ibérico. Meta. Vol. 67, nº 3, décembre 2022, p. 623–645. DOI https://doi.org/10.7202/1100478aradresse copiéeune erreur s’est produite
- Luna-Alonso, Ana (2022). Circuítos paratraductivos. Escalas y peajes de escritoras gallegas. En Garrido Vilariño, Xoán Manuel & Yuste Frías, José (eds.) Traducción & Paratraducción: Líneas de investigación I. 197-212. 2022. Berlín: Peter Lang. https://www.peterlang.com/view/serial/SRSIK. ISBN: 978-3-631-81038-5
- Luna-Alonso, Ana (2022). Ferias Internacionales del Libro. Liber y el invitado de honor: formulas y discursos. En Ferreiro Vázquez, Óscar (ed.) Avances en las realidades traductológicas: tecnología, ocio y sociedad a través del texto y del paratexto, Berlín: Peter Lang, 176- Berlín: Peter Lang. DOI 10.3726/b20227
- Luna-Alonso, Ana (2022). Historia de la traducción – Ámbito gallego. Edición trilingüe (GAL-ES-EN). En Franco Aixelá, Javier & Ricardo Muñoz (eds.) Enciclopedia Traducción e Interpretación (ENTI). AIETI. https://www.aieti.eu/enti/galicia_SPA/ // http://www.aieti.eu/enciclopedia/ ISSN: 2951-6714.
- Luna-Alonso, Ana (2022). Xela Arias en la traducción. Verso y recto. Revista de Traducció. Vol. 29: 115-136. ISSN: 1138-5790 (paper) 2014-9735 (digital) https://doi.org/10.5565/rev/quaderns.64