Acceso ás guías docentes en galego

 Acceso ás guías docentes en castelán

 

 

Tradución e servizos culturais

(Prof.ª Ana Luna Alonso)

Os servizos culturais son un extenso campo de acción que integra todas as tarefas relacionadas coa produción e consumo cultural na sociedade actual. Esta materia trata das necesidades de tradución dos servizos das industrias culturais que poden incluír a xestión, deseño e programación de actividades e proxectos culturais moi variados nos medios de comunicación e/ou audiovisuais, nos espectáculos teatrais e/ou musicais ou no sector editorial no que nos imos centrar. A tradución é unha ferramenta imprescindible no intercambio de bens e servizos destas industrias que manipula todo tipo de textos procedentes de ámbitos tan diferentes como a arte, o lecer, o deseño, a publicidade, a gastronomía ou o turismo. Cómpre ter en conta que o intercambio cultural xera un importante impacto económico que é preciso valorar e analizar tendo en conta a diversidade e o enfoque de xénero, así como as desigualdades procedentes do consumo.