Doutora en Filoloxía Galega (1999) con estudos de posgrao na Université de Laval (Quebec, Canadá) e estadía posdoutoral no Observatoire linguistique Sens-Texte de l´Université de Montréal. Conta con experiencia profesional en tradución e revisión editorial (Escola Galega de Administración Pública etc.) e como documentalista no Consello da Cultura Galega. As súas liñas de investigación son a Terminoloxía, con investigación e participación en dicionarios internacionais, e a Tradución literaria, na que participa de BITRAGA (Catálogo Virtual da Tradución Gallega) desde os seus inicios en 2004 e analiza las relacións interliterarias a través da tradución como coeditora de: Promoción cultural y Traduccción (Peter Lang, 2021); La traducción literaria. Nuevas investigaciones (Comares, 2016); Literaturas extranjeras y desarrollo cultural (Peter Lang, 2015) e Traducción de una cultura emergente (Peter Lang, 2012). Colaborou no Diccionario Histórico de la Traducción en España e en ENTI, Enciclopedia de Traudución e Interpretación de AIETI. Ademais de participar periodicamente en congresos e publicar artigos e monografías, é autora de varios dicionarios especializados. É responsable da liña de Terminoloxía e terminografía de Bifega e foi investigadora principal dun proxecto de cooperación interuniversitaria co Observatório de Neologia do Português Contemporâneo da U. de São Paulo e outras universidades brasileiras |
Iolanda Galanes Santos é doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou estudos de posgrao na Universidade de Laval (Quebec). A súa investigación encádrase en dúas liñas de traballo: dunha banda a Terminoloxía na Tradución especializada e, doutra, a Tradución literaria en Galicia. A esta última liña pertence o Catálogo Virtual da Tradución Galega, alén de varias publicacións nas que analiza as relacións do sistema literario galego con outras literaturas a través da tradución, como La traducción literaria. Nuevas investigaciones (Comares, 2016), Literaturas extranjeras y desarrollo cultural (PeterLang, 2015) ou Traducción de una cultura emergente (PeterLang, 2012), etc.
É autora e coautora de varias monografias, unha decena de dicionarios especializados de ámbito internacional coma o Lexique panlatin de manutention et stockage ou o Léxico da enerxía eólica.Participa desde hai dúas décadas en congresos internacionais, publica regularmente artigos académicos sobre as devanditas liñas (vid. Memorias dun neno labrego: revisitando la literatura de la emigración, Transfer 12, 2017;La crisis económica mundial: un concepto complejo con múltiples denominaciones, Revista de Filologia e Lingüística Portuguesa 18:2, 2016; La crise hypothécaire et ses dénominations, Babel 61:2, 2015; Terminografía galega e calidade: novos modelos, Estudos de Lingüística Galega 2015 ou Carlos Casares y la traducción: obra dispersa e inédita, Quaderns para la traducció 21, 2014).
Conta con experiencia profesional como tradutora, principalmente de monografías para entidades como a Escola Galega de Administración Pública, o Boletín Oficial do Estado ou o Centro de Estudos Constitucionais e nas principais empresas editoras galegas. Entre 1999 e 2005 foi coordinadora técnica da Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega. Actualmente desenvolve a súa actividade docente sobre Terminoloxía e tradución na titulación de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo.
Contacto: iolag@uvigo.es