Limiares
Cargando
Hermida Ruibal, Ana
Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, tradutora/intérprete xurada (galego-inglés-galego) nomeada pola Xunta de Galicia, posúe o Diploma de Estudos Avanzados (dea) en Tradución e Paratradución pola mesma universidade, e é tradutora a tempo completo desde 1998: durante 15 anos coma socia-fundadora dunha empresa de tradución en Portugal —onde desempeñou tarefas de tradución, revisión e coordinación de proxectos multilingües— e, máis tarde, coma autónoma residente en Galicia. En 2003-2004 formou parte do equipo de localización de software do Windows XP e Office 2003 ao galego e, durante seis anos, foi LQS Language Specialist e Terminologist en proxectos de Microsoft. As súas linguas de traballo son o portugués, castelán, galego e inglés, e está especializada en tradución xurídica, financeira/bancaria e de seguros; tecnolóxica/de programas informáticos, técnica e de proxectos educativos; e turística, hostaleira e gastronómica. Impartiu docencia de tradución PT>ES na Universidade de Lisboa, lingua portuguesa no Centro de Linguas da Universidade de Vigo / Instituto Camões de Vigo, e leva anos impartindo docencia no grao en Tradución e Interpretación e no mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional na Universidade de Vigo. Durante varios anos formou parte da xunta directiva da AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación) e é socia da devandita asociación desde 2009. Así mesmo, tamén é socia da aptrad, Asetrad, APT e aieti, e coordinou a sección «Tribuna universitaria» da revista La Linterna del Traductor, de Asetrad, durante varios anos.
LER MÁIS

Ana Hermida Ruibal (Pontevedra, 1975) é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, tradutora/intérprete xurada (galego-inglés-galego) nomeada pola Xunta de Galicia, posúe o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Tradución e Paratradución pola mesma universidade, e é tradutora a tempo completo desde 1998: durante 15 anos coma socia-fundadora dunha empresa de tradución en Portugal —onde desempeñou tarefas de tradución, revisión e coordinación de proxectos multilingües— e, máis tarde, coma autónoma residente en Galicia. En 2003-2004 formou parte do equipo de localización de software do Windows XP e Office 2003 ao galego e, durante seis anos, foi LQS Language Specialist e Terminologist en proxectos de Microsoft. As súas linguas de traballo son o portugués, castelán, galego e inglés, e está especializada en tradución xurídica, financeira/bancaria e de seguros; tecnolóxica/de programas informáticos, técnica e de proxectos educativos; e turística, hostaleira e gastronómica.

Durante máis de sete anos impartiu informática avanzada (localización de software), revisión e corrección de textos, diversas materias de tradución do portugués (tradución xeral, tradución científico-técnica e tradución de servizos culturais) ao castelán e ao galego, e de lingua portuguesa, tanto na Universidade de Lisboa, coma na Universidade de Vigo e no Instituto Camões-Centro de Linguas da Universidade de Vigo. Desde outubro de 2013, é profesora do módulo «Xestión de memorias de tradución» do Mestrado Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo (MTCI).

Desde abril de 2015 a marzo de 2018 formou parte da xunta directiva da AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación) e é socia da devandita asociación desde 2009. Así mesmo, tamén é socia da APTRAD, Asetrad, APT e AIETI, e coordina a sección «Tribuna universitaria» da revista La Linterna del Traductor, de Asetrad desde hai varios anos.

Traducións publicadas:

  • Museo Guggenheim Bilbao. 2018. Joana Vasconcelos, I’m Your Mirror. Bilbao: La Fábrica e Museo Guggenheim Bilbao. (Tradutora do portugués ao castelán);
  • Luis e Alejandro Paadín. 2017. Os milenarios lagares rupestres de Galicia. A Coruña: Servino Consulting. (Tradutora do castelán ao galego);
  • Salter, J. 2008. A idade da auga. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. (Tradutora do inglés ao galego);
  • Callejo, J.; Loução, P. e Martínez, T. 2007. Lugares mágicos en España y Portugal. Lisboa: Ésquilo. (Tradutora do portugués ao castelán);
  • Hanbuckers, A. 2006. Cocina (r)evolución. Barcelona: Buffet&Ambigú. (Tradutora do castelán ao galego);
  • Montaña, E. 2005. Polos vieiros do vello Miño. Vigo: Edicións Nigratrea. (Tradutora do castelán ao galego).

Consultar outras publicacións en academia.edu

Máis información profesional na súa páxina de about.me

Contacto: ahr@uvigo.es

Alberto
Álvarez Lugrís, Alberto
Emmanuel
Bourgoin Vergondy, Emmanuel
Patricia Buxán
Buxán Otero, Patricia
Pablo de Carlo
De Carlos Villamarin, Pablo
Maribel
Del Pozo Triviño, Maribel
Lara
Domínguez Araújo, Lara
Pablo Fernández Calero
Fernández Carballo Calero, Pablo
Anxo
Fernández Ocampo, Anxo
Oscar Ferreiro
Ferreiro Vázquez, Óscar
Iolanda Galanes
Galanes Santos, Iolanda
Xoán Garrido
Garrido Vilariño, Xoán
Pedro
González Santamaría, Pedro
Jessica
Gregori Sendra, Jessica
Ana Hermida
Hermida Ruibal, Ana
Sara Louredo
Louredo Casado, Sara
Ana Luna
Luna Alonso, Ana
Ramón
Méndez González, Ramón
Xoán Montero
Montero Domínguez, Xoán
Salvador
Mourelo Pérez, Salvador
Amador
Ordóñez Puime, Amador
Elena
Sanchez Trigo, Elena
Patricia Sotelo
Sotelo Dios, Patricia
Francisco
Torres Pérez, Francisco José
Jose Yuste II
Yuste Frías, José
GL
X