Acceso ás guías docentes en galego

 Acceso ás guías docentes en castelán

 

 

Tradución e cooperación transfronteiriza

(Prof. Pedro González Santamaría)

O eido da tradución ofrece múltiples e variadas posibilidades de desenvolvemento profesional. Nun contexto globalizado, xa non é dabondo dispoñer de competencias en idiomas estranxeiros para desenvolver unha actividade profesional no campo da xestión de proxectos, que na actualidade se aborda cun enfoque multidisciplinar que abrangue diversas áreas de coñecemento.

Esta materia permite coñecer o amplo catálogo de proxectos financiados que ofrece a Unión Europea, os seus eidos de actuación, a estrutura das propostas, a busca de socios, o ciclo de vida do proxecto ou as estratexias recomendadas. Así mesmo, traballaremos diversas competencias transversais necesarias para a unha axeitada xestión dos proxectos, así como a xeración e síntese de ideas, o estilo de redacción ou o emprego de ferramentas informáticas.

Unha vez cursada a materia, disporemos da información e dos coñecementos necesarios para estarmos en condicións de poder acometer a participación no noso primeiro proxecto europeo.

GL
Skip to content