Acceso ás guías docentes en galego

 Acceso ás guías docentes en castelán

Aspectos profesionais da tradución e da interpretación

(Prof.ª Lara Domínguez Araújo e Prof.ª Patricia Sotelo Dios)

A tradución e a interpretación son profesións en continuo cambio, nas que cómpre estar ao día das últimas novidades para abrirse un oco no mundo laboral. Con tal fin, esta materia ofrece unha panorámica actualizada sobre as principais saídas profesionais relacionadas coa tradución e a interpretación, desde a tradución para axencias locais ata a xestión de proxectos para grandes empresas multinacionais de servizos lingüísticos, pasando polas distintas saídas de interpretación (nas institucións e en congresos locais) e as repercusións das novidades tecnolóxicas na reformulación de perfís profesionais.

A panorámica compleméntase con información actualizada sobre as obrigas fiscais e sociais como profesionais autónomos, convocatorias de emprego institucional, plataformas e asociacións profesionais e consellos para abrirse paso e vivir ben da profesión.

 

GL
Skip to content