Acceso ás guías docentes en galego
Acceso ás guías docentes en castelán
Tradución especializada económico-comercial: Francés-Galego-Francés / Francés-Español-Francés.
(Prof. Óscar Ferreiro Vázquez)
A finalidade desta formación é que o alumnado poida ter unha visión das tarefas que realizan os tradutores no eido empresarial a través da tradución de contratos mercantís, estatutos de empresa, textos institucionais, contratos de compravenda, arrendamentos e concesións. Tamén se analizarán as diferentes formas de sociedades comerciais que existen en Francia, Suíza e España.