Acceso ás guías docentes en galego

 Acceso ás guías docentes en castelán

 

 

Tradución especializada económico-comercial: Portugués-Galego-Portugués / Portugués-Español-Portugués

(Prof. Silvia Capón Sánchez)

Nun contexto de crecente actividade económica na Unión Europea, a profesión da persoa que traduce tornouse crucial para o establecemento e difusión de empresas, impulsando o éxito nas diversas áreas económicas. Desde 2016, coa expansión internacional de empresas, especialmente entre España e Portugal, houbo un aumento notable de actividades comerciais, investimentos e operacións lucrativas. Os trocos comerciais entre España, Brasil, Angola e Mozambique tamén creceron desde 2013-14, destacándose a España como fornecedor relevante para o Brasil.

A tradución comercial e económica entre portugués, español e galego resulta ser unha ferramenta valiosa para tradutores que desexan construír unha carreira sólida, facilitando a comunicación nun espazo económico e cultural inmediato e alén-fronteiras. Esa tradución vai máis alá da equivalencia de termos técnicos, esixindo comprensión cultural e adaptación a distintos contextos empresariais.

Esta materia propón unha viaxe comercial por tres continentes, con foco na Europa, América e África, aproveitando a presenza global do portugués. Destácase a importancia da tradución no vasto troco de mercadorías entre España e Portugal, apuntando para as oportunidades que ese nicho de mercado ofrece aos tradutores. As clases impartiranse en portugués, ofrecendo recursos para traballos de calidade e comprensión dos textos comerciais e empresariais. Os alumnos serán desafiados a crear textos e realizar actividades para desenvolver experiencia e comprender as convencións lingüísticas específicas dese campo.