III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos. Este ano no CC Vialia

III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos – Unha cita ineludible 

 
O vindeiro venres 30 de maio ás 19:00 h, l' Centro Comercial Vialia de Vigo acollerá a III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á Localización de videoxogos, un evento no que o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) —Master labellisé d’excellence par la Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede de mestrados europeos en Tradución European Master’s in Translation (EMT) da Dirección Xeral de Tradución (DXT) da Comisión Europea— e o título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) teñen un papel protagonista como coorganizadores, xunto co grupo de investigación TI4 Tradución & Paratradución.
 
Antes da gala, ás 18:00 h, terá lugar unha actividade previa moi especial e aberta a todo o público: un trivial interactivo con formato lúdico e dinámico, no que se repartirán numerosos agasallos entre as persoas participantes. Un momento perfecto para xuntarnos, divertirnos e facer comunidade arredor da localización de videoxogos.
 
Estes premios naceron no marco do título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV), que xa vai pola súa oitava edición, e que cada curso reúne estudantes dos diversos títulos da Facultade de Filoloxía e Tradución, do MTCI e doutras titulacións afíns de toda Galicia, España e mesmo doutros países.
 
A gala contará coa presenza de representantes institucionais, académicos e profesionais, unha mostra clara do peso e recoñecemento que está a acadar este proxecto nacido no seo da nosa universidade.
 
Este ano, ademais, o cambio de localización ao Centro Comercial Vialia responde ao desexo de abrir o evento á cidadanía e reforzar a súa proxección como referente estatal na localización de videoxogos.
 
Dende a organización dos premios animámosvos a asistir, participar, compartir e celebrar esta festa da tradución e do talento! A vosa presenza é fundamental para continuar dando visibilidade ao noso traballo e paixón pola localización.
 
Podedes consultar máis información e fotos de edicións anteriores na web oficial dos premios: http://premios.etiv.webs.uvigo.es/es/
CATEGORÍAS DOS PREMIOS

Article similaire

O MTCI ofrece cinco actividades extraacadémicas de balde no primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027

Todo o estudantado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo terá a oportunidade de participar de balde nun programa de actividades extraacadémicas durante o primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027. Esta oferta é posible grazas á mención de excelencia da Xunta de Galicia, concedida ao MTCI por segundo quinquenio consecutivo.…

En savoir plus
2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

En savoir plus
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

En savoir plus