III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos. Este ano no CC Vialia

III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos – Unha cita ineludible 

 
O vindeiro venres 30 de maio ás 19:00 h, o Centro Comercial Vialia de Vigo acollerá a III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á Localización de videoxogos, un evento no que o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) —Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede de mestrados europeos en Tradución European Master’s in Translation (EMT) da Dirección Xeral de Tradución (DXT) da Comisión Europea— e o título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) teñen un papel protagonista como coorganizadores, xunto co grupo de investigación TI4 Tradución & Paratradución.
 
Antes da gala, ás 18:00 h, terá lugar unha actividade previa moi especial e aberta a todo o público: un trivial interactivo con formato lúdico e dinámico, no que se repartirán numerosos agasallos entre as persoas participantes. Un momento perfecto para xuntarnos, divertirnos e facer comunidade arredor da localización de videoxogos.
 
Estes premios naceron no marco do título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV), que xa vai pola súa oitava edición, e que cada curso reúne estudantes dos diversos títulos da Facultade de Filoloxía e Tradución, do MTCI e doutras titulacións afíns de toda Galicia, España e mesmo doutros países.
 
A gala contará coa presenza de representantes institucionais, académicos e profesionais, unha mostra clara do peso e recoñecemento que está a acadar este proxecto nacido no seo da nosa universidade.
 
Este ano, ademais, o cambio de localización ao Centro Comercial Vialia responde ao desexo de abrir o evento á cidadanía e reforzar a súa proxección como referente estatal na localización de videoxogos.
 
Dende a organización dos premios animámosvos a asistir, participar, compartir e celebrar esta festa da tradución e do talento! A vosa presenza é fundamental para continuar dando visibilidade ao noso traballo e paixón pola localización.
 
Podedes consultar máis información e fotos de edicións anteriores na web oficial dos premios: http://premios.etiv.webs.uvigo.es/es/
CATEGORÍAS DOS PREMIOS

Artigos relacionados

2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

Ler Máis
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

Ler Máis