Coñece a experiencia de Lucía Trillo, antiga alumna do MTCI, que cursou a dobre titulación coa Universidade de Palermo e nos conta como foi vivir esta experiencia en Sicilia.
Se te matriculas no MTCI, ti tamén poderías ter a oportunidade de vivir unha experiencia internacional como a súa e cursar a dobre titulación en Palermo.
Preinscríbete antes do 25 de agosto. Quedan só un par de prazas!
Non deixes pasar a oportunidade de vivir o MTCI… e Sicilia!
O MTCI ofrece cinco actividades extraacadémicas de balde no primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027
Todo o estudantado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo terá a oportunidade de participar de balde nun programa de actividades extraacadémicas durante o primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027. Esta oferta é posible grazas á mención de excelencia da Xunta de Galicia, concedida ao MTCI por segundo quinquenio consecutivo.…
Ler Máis


