III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos. Este ano no CC Vialia

III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos – Unha cita ineludible 

 
O vindeiro venres 30 de maio ás 19:00 h, no Centro Comercial Vialia de Vigo acollerá a III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á Localización de videoxogos, un evento no que o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) —Mestrado Universitário com Excelência da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede de mestrados europeos en Tradución European Master’s in Translation (EMT) da Dirección Xeral de Tradución (DXT) da Comisión Europea— e o título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) teñen un papel protagonista como coorganizadores, xunto co grupo de investigación TI4 Tradución & Paratradución.
 
Antes da gala, ás 18:00 h, terá lugar unha actividade previa moi especial e aberta a todo o público: un trivial interactivo con formato lúdico e dinámico, no que se repartirán numerosos agasallos entre as persoas participantes. Un momento perfecto para xuntarnos, divertirnos e facer comunidade arredor da localización de videoxogos.
 
Estes premios naceron no marco do título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV), que xa vai pola súa oitava edición, e que cada curso reúne estudantes dos diversos títulos da Facultade de Filoloxía e Tradución, do MTCI e doutras titulacións afíns de toda Galicia, España e mesmo doutros países.
 
A gala contará coa presenza de representantes institucionais, académicos e profesionais, unha mostra clara do peso e recoñecemento que está a acadar este proxecto nacido no seo da nosa universidade.
 
Este ano, ademais, o cambio de localización ao Centro Comercial Vialia responde ao desexo de abrir o evento á cidadanía e reforzar a súa proxección como referente estatal na localización de videoxogos.
 
Dende a organización dos premios animámosvos a asistir, participar, compartir e celebrar esta festa da tradución e do talento! A vosa presenza é fundamental para continuar dando visibilidade ao noso traballo e paixón pola localización.
 
Podedes consultar máis información e fotos de edicións anteriores na web oficial dos premios: http://premios.etiv.webs.uvigo.es/es/
CATEGORÍAS DOS PREMIOS

Publicações relacionada

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Ler mais
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

Ler mais