Intérpretes pioneiras (1900-1953) Deitando pontes
outubro 23, 2019

CONFERENCIA – SEMINARIOS – EXPOSICIÓN

CONFERENCIA INAUGURAL : 24 de outubro, 11.00 h
Jesús Baigorri Jalón
Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución

 

CICLO DE DOUS SEMINARIOS participativos no marco do Coloquio Anual do Programa de Doutoramento en Tradución & Paratradución

  • Introdución á investigación en historia da interpretación (Profesor Jesús Baigorri Jalón) o xoves 24 de outubro, 16.00-18.00 h na Facultade de Filoloxía e Tradución, salón de graos (B3)

  • Historia da interpretación: imaxes de muller (Profesor Anxo Fernández Ocampo) o luns 28 de outubro, 11.00-13.00 h na Sala de estudo do pavillón central da Facultade de Filoloxía e Tradución

Destinatarios : Os seminarios van destinados ó alumnado do programa de doutoramento e están abertos a calquera
membro da comunidade universitaria

EXPOSICIÓN : Do 24 de outubro ao 8 de novembro de 2019
Sala de estudo da Facultade de Filoloxía e Tradución

A edición matriz desta exposición foi comisariada en 2018 por Jesús Baigorri, Críspulo Traveso e Cristina Zelich da Universidade de Salamanca. Consta de reproducións de fotografías, de documentos e de películas cinematográficas, así como de fontes históricas orixinais, todas elas relacionados coas múltiples facetas que posúe a interpretación entre idiomas e nas que foron protagonistas as mulleres.

Organizan
Luis Alonso Bacigalupe
Maribel del Pozo Triviño
Anxo Fernández Ocampo

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

PT
Pular para o conteúdo