Conferencia Wordfast

Cumprindo co cronograma dos eventos científicos programados e as actividades extraacadémicas previstas en cada curso académico, dende o Mestrado en Tradução para a Comunicação Internacional (MTCI)-Mestrado Universitário com Excelência da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea– comprácenos anunciar a conferencia titulada Traducción: un arte siempre dando un paso adelante, impartida por Philippe Locquet, responsable do programa académico de Wordfast.

Terá lugar o xoves 21 de novembro en horario de 16.00 h a 17.15 h na aula C1 da Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo. 

Abordarase un amplo abano de temas de interese, como os cimentos da tradución (tomando como exemplo Rosetta), as diferentes tecnoloxías empregadas en tradución, o funcionamento das ferramentas TAO (fundamentos e demostración), o Large Language Model (LLM), así como novas perspectivas de futuro e, por suposto, unha ronda de preguntas onde o alumnado poderá compartir as súas impresións, dúbidas ou curiosidades. 

Esta actividade vai dirixida ao estudantado do MTCI e do Programa Internacional de Doutoramento en Tradución & Paratradución (T&P). A inscrición previa é obrigatoria. Escanea o código QR do cartel o preme aqui

Ademais, o alumnado que participe terá acceso gratuíto limitado á versión básica de Wordfast e un prezo reducido (90 €) na versión de pago o primeiro ano.

 

Picture of Philippe Locquet

Philippe Locquet

Philippe Locquet xestiona o popular Programa Académico de Wordfast, que axuda a miles de estudantes e profesores de todo o mundo. Locquet ofrece recursos (activos lingüísticos de calidade para CAT ou MT/LLM), apoio e formación, e comparte coñecemento no seu canal de YouTube Translators Tech Corner.

Publicações relacionada

¡Vuelven los Premios ETIV-UVigo en su III Edición!

Nos complace anunciar que los Premios ETIV-UVigo regresan un año más para celebrar y reconocer la excelencia en la localización de videojuegos. Estos galardones, organizados por la Universidade de Vigo y el grupo de investigación TI4 Traducción & Paratraducción (T&P), forman parte de las actividades del Título Propio de Especialista en Traducción para la Industria…

Ler mais
Citizens’ Language Days: entrevista a Paula Sánchez

1.     Que sentiches ao ser unha das 24 persoas seleccionadas de entre todos os mestrados da rede europea (EMT)? Creo que o sentimento de ledicia que vivín cando recibín a noticia é indescritible. Foi una grata sorpresa e unha gran oportunidade que tiña claro que ía aproveitar ao máximo. Sentinme moi afortunada de poder representar…

Ler mais
Nociones clave para-traducir entre la transtextualidad y la transmedialidad

Desde la Coordinación del Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) –Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia y Máster Europeo en Tradución (EMT) de la Dirección General de Traducción de la Unión Europea– nos complace anunciar que el Grupo de Investigación Traducción & Paratraducción (T&P) estará presente en el Congreso internacional GLOTECH 2024: ” Shaping…

Ler mais