
Título de la tesis doctoral: «Por boca de»: achegas á historia da interpretación do centro e sur de América (1518-1870)
Doctorando: Óscar Ferreiro Vázquez
Director: Dr. D. Xoán Manuel Garrido Vilariño
Lugar de la lectura y defensa: Salón de Grados de la FFT de la UVigo
Hora: 16.30 h
Fecha: 01/02/2016
Premio Extaordinario de Doutoramento do ámbito Arte-Humanidades_2015-2018

Bionota do Doutorando
Óscar Ferreiro Vázquez naceu no cantón de Fribourg (Suíza). Licenciouse en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e obtivo o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) no programa de doutoramento Tradución e Paratradución: modos culturais e políticas de Tradución. Tamén está acreditado pola Escola Oficial de Idiomas cos diplomas de nivel Avanzado nas linguas francesa, portuguesa e Galega. Posúe o certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) polo Instituto de Ciencias da Educación (Universidad Complutense de Madrid). É tradutor-intérprete xurado de francés-galego-francés, habilitado pola Secretaría Xeral de Política lingüística (Xunta de Galicia).

© Luciano Cañadas Álvarez
Ao respecto da experiencia docente universitaria é profesor asociado no departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo, desde o curso 2006-2007, onde imparte diferentes materias no grao de Tradución e Interpretación. Cabe destacar, tamén, a docencia (materia: Tradución especializada Económico-Comercial: Francés-Galego-Francés/Francés-Español-Francés) no Máster en Tradución para a Comunicación Internacional.
No ano 2013 foi convidado polo profesor Patrick Lesbre da Université Toulouse-Le Mirail para participar na Journée d’études: Interprètes en Amérique coloniale Hispanique. A comunicación titulouse «Los mediadores lingüísticos en la colonización : los intérpretes en la Real Audiencia de La Plata de los Charcas». No 2015 o Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Porto (ISCAP), a través da profesora doutora Luísa Langford, convidouno para dar unha conferencia «A presença/ausência de representação de intérpretes na iconografia da conquista de América: Códex, Cronistas e Tlacuilos». Nos anos 2012 e 2013 levou a cabo dúas estadías de investigación nas Universidades de Toulouse II-Le Mirail (Toulouse) e de La Sorbonne Nouvelle (París), respectivamente.
Na empresa privada impartiu máis de 1 500 horas de formación ao cadro de diferentes empresas, as especialidades impartidas eran francés administrativo, marítimo, empresarial e comercial, entre outras. Durante cinco anos levou a cabo tarefas de tradución e interpretación nunha empresa recoñecida da cidade de Vigo, encargándose tamén de coordinar un equipo de tradutores e intérpretes para dar servizos lingüísticos a máis de cen empresas nacionais e internacionais.
Composición del tribunal
Presidente: Dr. D. Antonio Bueno García (Universidad de Valladolid)
Secretaria: Dra. D. Ana Luna Alonso (Universidade de Vigo)
Vocal: Dr. D. Karl Schurster Sousa Leão (Universidade Estadual de Pernambuco, Brasil)
Expertos externos para la Mención Internacional
Primer experto: Dr. D. Enrique Gutiérrez Rubio. Univerzita Palackého Olomouci (República Checa), Facultad de Filosofía e Letras, Departamento de Linguas Románicas.
Segunda experta: Dra. Dª. Luisa Langford. ISCAP- Instituto Superior de Contabilidade e Administração do Porto (Portugal).
Óscar Ferreiro Vázquez en la prensa
«Tese doutoral sobresaínte Cum Laude con mención Internacional para un Limián», Dende A Limia.com, 18/11/2017- Bruna Quintas, Beatriz (2017) «Gonzalo de Vigo: navegante, traductor e intérprete», Efemérides del Puerto de Vigo, n.º 52: 1-18.
- Prego, (2017) «Gonzalo de Vigo era marinero, pero ante todo un intérprete y mediador cultural«, Faro de Vigo, 07/10/2017.
- Otero, J. A. (2017) «Una escultura del robinsón Gonzalo de Vigo encabezará la humanización de Portocultura», Faro de Vigo, 05/10/2017.
- Entrevista a Óscar Ferreiro Vázquez realizada por J.A. Otero Ricard, «Gonzalo de Vigo, el robinson gallego», Faro de Vigo, (15/09/2013).
PDF de la versión impresa de la entrevista - Entrevista a Óscar Ferreiro Vázquez realizada por J. Lamas «Chegamos aos primeiros intérpretes por expresións como «en boca de»», La Voz de Galicia,(22/03/2016).
PDF de la versión impresa de la entrevista
- Título de la tesis doctoral: «Por boca de»: achegas á historia da interpretación do centro e sur de América (1518-1870) Doctorando: Óscar Ferreiro Vázquez Director: Dr. D. Xoán […]
- 16Título de la tesis doctoral: A Representação de Portugueses e Portuguesas nas Anedotas Brasileiras – Um Caso de Tradução Cultural Doctoranda: Carina Raquel Oliveira Cerqueira Director: Dr. D. Burghard Baltrusch Lugar de la […]
- Titulo de la tesis doctoral: La alusión como fuente de creación de humor y su traducción: análisis del cine de animación de DreamWorks (2001-2012) Doctorando: Cristina López González […]
- Título de la tesis doctoral: A tradución da fraseoloxía no xénero textual manual de instrucións na combinación lingüística alemán-español Doctoranda: Patricia Buján Otero Directoras: Dra. D.ª Carmen Mellado Blanco (USC) […]
- Título de la tesis doctoral: Géneros textuales biomédicos y traducción: análisis de guías de práctica clínica en francés y en español en el ámbito de las enfermedades […]
- Título de la tesis doctoral: Ontoloxías e tradución biomédica: creación dunha base de coñecemento terminolóxico sobre os erros innatos do metabolismo en francés e español Doctoranda: Tamara Varela […]
- Título: Teorías e prácticas da tradución feminista e poscolonial no contexto galego : un percorrido pola ideoloxía Doctoranda: María Reimóndez Meilán Directora: Dra. D.ª Belén Martín Lucas […]
- Título de la tesis doctoral: A traduçāo da lírica de Brecht antes e despois do 25 de Abril de 1974 em Portugal Doctoranda: Rosa Engrácia Duarte e Silva […]








