Anna Palou e Catherine Smith, alumnas do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo, recoñecido como Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e membro da rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea, participaron como intérpretes nun encontro internacional desta rede dedicado ao uso sostible e responsable da intelixencia artificial na tradución. Nesta entrevista comparten a súa experiencia, os retos aos que se enfrontaron e as aprendizaxes que extraeron desta oportunidade de achegamento á práctica profesional da interpretación ofertada polo MTCI.
- Cal foi o voso papel como intérpretes na reunión da rede EMT da Comisión Europea? Que vos animou a participar?
Realizamos unha interpretación en tempo real, do inglés ao español, de varias presentacións en liña, a través de Zoom, sobre o uso sostible e responsable da intelixencia artificial en tradución. Formamos parte dun equipo de cinco persoas, traballando por quendas.
Anna: A proposta que nos enviou o coordinador do programa de máster, Óscar Ferreiro, resultoume motivadora porque levo tempo seguindo a industria europea da tradución e con moitas ganas de presenciar máis de preto o seu funcionamento dentro das institucións oficiais.
Catherine: Nunca había tenido la oportunidad de interpretar en un ambiente formal y el reto me animó aún más porque estaba interpretando a mi segundo idioma.
- Como vos preparastes para o encontro? Que vos espertaba máis curiosidade antes de empezar?
Anna: Investigamos os que ían participar, lemos algúns dos seus traballos e informámonos sobre as equivalencias entre idiomas en cada ámbito. Tamén practicamos entre nós a tradución de gravacións de reunións anteriores para acostumarnos ao ritmo, ton, etc.
Catherine: Como no tenía experiencia con la interpretación, para prepararme, busqué artículos y videos de consejos sobre interpretación. Dado que el español no es mi lengua materna, practiqué shadowing [técnica que consiste en repetir en voz alta lo que se escucha en una grabación] con videos en español para mejorar mi discurso. Luego intenté interpretar vídeos de la Comisión Europea y sobre la IA para practicar la interpretación simultánea y el tema de la reunión. Cuando las presentaciones del evento estuvieron disponibles, traduje las palabras clave y me familiaricé con los locutores.
- Como describiriades o ambiente da reunión? Que vos chamou a atención da maneira en que se comunicaban as persoas que falaban distintas linguas?
Anna: O ambiente era formal e moi académico, aínda que tamén houbo momentos emotivos, como cando o director da rede, Christos Ellinides, anunciou que ía ser a súa derradeira intervención nese posto. Ademais, chamaba especialmente a atención a naturalidade coa que cambiaban dun idioma a outro cando necesitaban empregar determinadas palabras, sen medo a pronunciar nomes ou expresións estranxeiras e, malia ser o inglés o estándar, con moito respecto polo idioma de cada quen.
Catherine: Lo que me llamó la atención, sobre todo, fue que los organizadores del evento nos apoyaron y nos motivaron mucho. Esa actitud creó un ambiente muy positivo durante el evento, donde se pudo pedir cualquier consejo.
- En que momento vos supuxo un reto interpretar? Como o resolvestes?
Anna: Houbo un momento en que un dos relatores falaba moi rápido. Lanzouse a explicar un tema ademais moi especializado. Ía tan rápido que durante a súa intervención tivemos que alternarnos máis veces das previstas, e non quedou outro remedio que sintetizar o contido sobre a marcha para poder seguirlle o ritmo.
Catherine: Yo tampoco fui capaz de seguir todo lo que estaba diciendo. Para resolverlo, me comuniqué con mi equipo para que otra persona me ayudara. Por esta razón, es muy importante seguir la interpretación del compañero, para poder ayudarle si tiene algún problema.
- Lembrades algunha conversa con alguén do encontro que vos achegase unha idea nova ou un consello que vos quedase gravado?
Anna: A idea achegada por Nicolas Froeliger, da Universidade Paris Cité, de que a intelixencia artificial supón un cambio radical para a industria, e todos estamos convencidos de que non deixará obsoletos os tradutores. Porén, o resto do mundo non está tan convencido coma nós. E que isto comporta un verdadeiro perigo que ameaza a comunicación de alto valor nas nosas sociedades en xeral. De aí que debamos evitar a rendición cognitiva e a delegación acrítica do pensamento nos grandes modelos de linguaxe.
Catherine: Después del primer día del evento, mis compañeros con más experiencia me aconsejaron que «interpretar no es traducir». Me dijeron que, más que traducir cada palabra, lo más importante es transmitir el mensaje. Ese consejo me ayudó mucho para el segundo día porque pude relajarme cuando no sabía una palabra y me enfoqué más en el mensaje del locutor.
- Que descubristes sobre o traballo de interpretación ao vivilo desde dentro?
Anna: É moito máis que traducir en tempo real. Tamén che obriga, en ocasións, a sintetizar e reformular frases, entender o contexto e aceptar a axuda dos teus compañeiros intérpretes cando hai algunha palabra que non che sae. Ao mesmo tempo, tes que estar dispoñible para facer o mesmo cando eles o precisen.
Catherine: Descubrí la importancia de la comunicación entre el equipo porque la interpretación no es una actividad solitaria. Se requiere cambiar de intérprete para descansar y para ayudar a la otra persona cuando tiene una dificultad. Además, es importante para tomar notas y asegurar que se escucha bien al otro intérprete.
- Se tivésedes que escoller unha anécdota para contar como vivistes a experiencia, cal sería?
Anna: Máis que unha anécdota concreta, destacaría que a experiencia me deixou con ganas de investigar pola miña conta. Foi interesante coñecer outros intérpretes, intercambiar impresións con eles e falar cos relatores das presentacións. Ao rematar as reunións, non me chegaba co que escoitara: quería ler os artigos que se citaran, buscar outras publicacións sobre os temas tratados e afondar nas cuestións que máis me interesaran. Creo que esa curiosidade e esas ganas de seguir investigando foron unha das cousas máis inesperadas do evento.
Catherine: Para mí, una de las partes más importantes de la reunión fue cuando Christos Ellindes informó al público de que aquel sería su último evento para la Comisión Europea. Fue un momento bastante emotivo que demostró la importancia de la Comisión Europea y el efecto positivo que tiene en la Unión Europea.
- Se volvésedes interpretar xuntas nunha reunión así, que repetiriades cada unha e que fariades doutra maneira?
Anna: Sobre todo, organizar mellor a distribución das partes e ensaiar con antelación os cambios de intérprete para que, no caso de ter que recorrer ao apoio dos colegas por unha urxencia, a transición resulte o máis fluída e natural posible para os oíntes.
Catherine: Por mi parte, repetiría la manera en que preparé el tema e investigué los locutores. También repetiría la organización de los intérpretes; es decir, una buena estructura para que, cuando un intérprete hable, el otro intérprete está listo para hacerle el relevo y que el intérprete descanse «fuera de la cabina». En próximas reuniones, intentaría no ponerme tan nerviosa y me enfocaría más en el mensaje de la interpretación en vez de cada palabra que dice el locutor.
- Que consello lles dariades a outras compañeiras do mestrado que van interpretar por primeira vez nun encontro internacional?
Anna: Repasar o vocabulario específico do tema dos relatorios, así como o propio do formato (neste caso, académico e de investigación)… e ter sempre unha botella de auga á man!
Catherine: Les aconsejaría no tener miedo y verlo como una oportunidad para aprender. También les aconsejaría preguntar mucho a los compañeros con más experiencia para seguir sus consejos en el futuro.
- Valorades positivamente este tipo de actividades que promove o MTCI?
Anna: Si! É unha maneira de atopar oportunidades de aprendizaxe das que sería máis complicado decatarse pola nosa conta e que nos axudan a facernos unha idea de como funciona a industria agora que estamos empezando. Sen dúbida, volvería involucrarme.
Catherine: Este tipo de actividad es oro para este máster porque es una oportunidad para aprender de tus errores y, al mismo tiempo, ganar confianza para afrontar situaciones similares en el futuro. Si tuviera la oportunidad de participar en una actividad así en el futuro, lo haría sin dudarlo, y espero que otros compañeros se animen a participar.



