CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA NO PARLAMENTO DE GALICIA

A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 4 de xuño de 2019, resolveu anunciar a convocatoria para a concesión de 8 bolsas formativas co obxecto de realizar unha formación práctica nas materias de arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións, recursos humanos e contratación, e xestión parlamentaria.

Convócanse dúas bolsas de comunicacións cos seguintes requisitos: grao ou licenciatura universitaria en Tradución e Interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega, ou licenciatura en Filoloxía Galega.

Ler máis (pax. 162489 – 162507)

Artigos relacionados

Activar espazos, crear públicos: un obradoiro para repensar a cultura como motor de cidade

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional pon en marcha o obradoiro «Activar espazos, crear públicos. Impacto, cidade e sostibilidade», unha proposta formativa intensiva e de carácter práctico impartida pola xestora cultural Patricia Verdial Garay. Este obradoiro nace coa vocación de ofrecer ao estudantado ferramentas reais para deseñar, activar e avaliar programas públicos en…

Ler Máis