Acceso ás guías docentes en galego
Acceso ás guías docentes en castelán
Tradución especializada económico-comercial: Inglés-Galego-Inglés / Inglés-Español-Inglés
(Prof.ª Patricia Buján Otero)
A materia ten o obxectivo de afrontar e ampliar os coñecementos adquiridos durante os estudos previos, ademais de familiarizar o alumnado coa linguaxe específica, estruturas, documentación e trámites propios das actividades económico-comerciais, que se centrarán en particular nos ordenamentos xurídicos británico e español.
Na introdución, investigaranse os principais fluxos comerciais do Estado español cara aos países anglófonos. A seguir, traballaranse desde o concepto do xénero textual todos os aspectos máis relevantes que competen esta especialización, dende as principais estruturas morfosintácticas e fraseolóxicas até os trámites máis habituais na exportación e internacionalización, pasando pola prensa especializada e o sector editorial. Tratarase de perfeccionar as competencias tradutoras, non só para afrontar con seguridade a tradución de textos especializados complexos, senón tamén o futuro profesional.
As prácticas serán fundamentalmente de tradución ao galego/español, ben que se incluirá algunha actividade de tradución inversa.