Compás para traducir

Organizado polo Grupo de Investigación e o Programa de Doutoramento Internacional Translation & Paratradución (T&P), o Master's Degree in Translation for International Communication (nternacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– e o Título Propio de Especialista en Translation for International (ndustria do Videoxogo (ETIV) da Universidade de Vigo (UVigo), temos o pracer de anunciar a celebración do curso de extensión universitaria titulado

COMPÁS PARA TRADUTORES E TRADUTORAS:
CATRO PUNTOS CARDINAIS DA PRÁCTICA PROFESIONAL

O curso validarase por 1 crédito ECTS e terá lugar na facultade de Filoloxía e Tradución
a semana do 17 ao 21 de xullo de 2023

A seguir, os dez obradoiros previstos canda as persoas relatoras:

O NORTE: Cal é a causa que me obriga a tomar unha decisión?

Obradoiro 1. Tradución de autor e redacción – María Luisa Romana (profesora da Universidad Pontificia Comillas)

Obradoiro 2. Tradución e seguridade xurídica. Lei de protección de datos, riscos xurídicos do oficio de tradutor(a), contratos e seguros – Silvia Capón (tradutora profesional e profesora do MTCI)

Obradoiro 3. Tradución e Copywriting – Marta Pastoriza Ares (tradutora profesional e copywriter)

 

O LESTE: Que recursos debo aplicar (internos e externos)?

Obradoiro 4. Xestión de proxectos de tradución. Consellos prácticos para aforrar tempo e traballo. Xestión de axenda, proxectos, facturación – Lourdes Arteaga (directora de Tradumots, tradutora e antiga presidenta da ANETI)

Obradoiro 5. Traducir aplicando a linguaxe inclusivaCarme Adán Villamarín (escritora e integrante do Consello da Cultura Galega)

Obradoiro 6. Tradución, redes e organismos internacionais – Nuria Pahino Dasilva (tradutora e activista)

 

O SUR: Cara que mundo quero camiñar?

Obradoiro 7. Tradución e compromiso social: historia, educación, redución das desigualdades – Karl Schurster Veríssimo de Sousa (historiador e profesor investigador María Zambrano do Grupo de investigación T&P)

Obradoiro 8. Tradución e voluntariado – Berna Wang (tradutora para Amnistía Internacional e a Axencia da ONU para os refuxiados)

 

O OESTE: En que estado quero chegar?

Obradoiro 9. Tradución, freelancing e saúde mental – Kesley Frick (FreekinFreelance)

Obradoiro 10. Tradución e ergonomía – F. Javier Llaneza Álvarez (diplomado en ergonomía pola Sorbona I)

 

Preme here para o acceso á plataforma de inscrición

Calquera dúbida podedes enviarlle un correo ao coordinador Óscar Ferreiro Vázquez

 

Related post

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Read more
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

Read more