Compás para traducir

Organizado polo Grupo de Investigación e o Programa de Doutoramento Internacional Traducción & Paratradución (T&P), o Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– e o Título Propio de Especialista en Traducción para la Industria do Videoxogo (ETIV) da Universidade de Vigo (UVigo), temos o pracer de anunciar a celebración do curso de extensión universitaria titulado

COMPÁS PARA TRADUTORES E TRADUTORAS:
CATRO PUNTOS CARDINAIS DA PRÁCTICA PROFESIONAL

O curso validarase por 1 crédito ECTS e terá lugar na facultade de Filoloxía e Tradución
a semana do 17 ao 21 de xullo de 2023

A seguir, os dez obradoiros previstos canda as persoas relatoras:

O NORTE: Cal é a causa que me obriga a tomar unha decisión?

Obradoiro 1. Tradución de autor e redacción – María Luisa Romana (profesora da Universidad Pontificia Comillas)

Obradoiro 2. Tradución e seguridade xurídica. Lei de protección de datos, riscos xurídicos do oficio de tradutor(a), contratos e seguros – Silvia Capón (tradutora profesional e profesora do MTCI)

Obradoiro 3. Tradución e Copywriting – Marta Pastoriza Ares (tradutora profesional e copywriter)

 

O LESTE: Que recursos debo aplicar (internos e externos)?

Obradoiro 4. Xestión de proxectos de tradución. Consellos prácticos para aforrar tempo e traballo. Xestión de axenda, proxectos, facturación – Lourdes Arteaga (directora de Tradumots, tradutora e antiga presidenta da ANETI)

Obradoiro 5. Traducir aplicando a linguaxe inclusivaCarme Adán Villamarín (escritora e integrante do Consello da Cultura Galega)

Obradoiro 6. Tradución, redes e organismos internacionais – Nuria Pahino Dasilva (tradutora e activista)

 

O SUR: Cara que mundo quero camiñar?

Obradoiro 7. Tradución e compromiso social: historia, educación, redución das desigualdades – Karl Schurster Veríssimo de Sousa (historiador e profesor investigador María Zambrano do Grupo de investigación T&P)

Obradoiro 8. Tradución e voluntariado – Berna Wang (tradutora para Amnistía Internacional e a Axencia da ONU para os refuxiados)

 

O OESTE: En que estado quero chegar?

Obradoiro 9. Tradución, freelancing e saúde mental – Kesley Frick (FreekinFreelance)

Obradoiro 10. Tradución e ergonomía – F. Javier Llaneza Álvarez (diplomado en ergonomía pola Sorbona I)

 

Clic aquí para o acceso á plataforma de inscrición

Calquera dúbida podedes enviarlle un correo ao coordinador Óscar Ferreiro Vázquez

 

Artículos relacionados

O Máster en Tradución para a Comunicación Internacional participa na reunión de primavera da rede EMT en Varsovia

Os días 2 e 3 de xuño de 2025, o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo, representado polo profesor Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy, participou na reunión de primavera da rede EMT (European Master’s in Translation), que tivo lugar na Universidade de Varsovia, no Instituto de Lingüística Aplicada.Esta xuntanza internacional, organizada…

Leer más
A Universidade de Vigo reafirma o seu liderado na localización de videoxogos coa III Edición dos Premios ETIV

O Centro Comercial Vialia de Vigo converteuse este venres nun escaparate da innovación e excelencia na tradución de videoxogos coa celebración da III Edición dos Premios ETIV-UVIGO. O evento, organizado polo título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e tamén polo noso Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI),…

Leer más