Compás para traducir

Organizado polo Grupo de Investigación e o Programa de Doutoramento Internacional Traduction & Paratradución (T&P), o Master en Traduction pour la Communication Internationale (MTCI) –MÁSTER UNIVERSITARIO EXCELENTE DA XUNTA DE GALICIA– e o Título Propio de Spécialiste en Traduction pour la Industria do Videoxogo (ETIV) da Universidade de Vigo (UVigo), temos o pracer de anunciar a celebración do curso de extensión universitaria titulado

COMPÁS PARA TRADUTORES E TRADUTORAS:
CATRO PUNTOS CARDINAIS DA PRÁCTICA PROFESIONAL

O curso validarase por 1 crédito ECTS e terá lugar na facultade de Filoloxía e Tradución
a semana do 17 ao 21 de xullo de 2023

A seguir, os dez obradoiros previstos canda as persoas relatoras:

O NORTE: Cal é a causa que me obriga a tomar unha decisión?

Obradoiro 1. Tradución de autor e redacción – María Luisa Romana (profesora da Universidad Pontificia Comillas)

Obradoiro 2. Tradución e seguridade xurídica. Lei de protección de datos, riscos xurídicos do oficio de tradutor(a), contratos e seguros – Silvia Capón (tradutora profesional e profesora do MTCI)

Obradoiro 3. Tradución e Copywriting – Marta Pastoriza Ares (tradutora profesional e copywriter)

 

O LESTE: Que recursos debo aplicar (internos e externos)?

Obradoiro 4. Xestión de proxectos de tradución. Consellos prácticos para aforrar tempo e traballo. Xestión de axenda, proxectos, facturación – Lourdes Arteaga (directora de Tradumots, tradutora e antiga presidenta da ANETI)

Obradoiro 5. Traducir aplicando a linguaxe inclusiva – Carme Adán Villamarín (escritora e integrante do Consello da Cultura Galega)

Obradoiro 6. Tradución, redes e organismos internacionais – Nuria Pahino Dasilva (tradutora e activista)

 

O SUR: Cara que mundo quero camiñar?

Obradoiro 7. Tradución e compromiso social: historia, educación, redución das desigualdades – Karl Schurster Veríssimo de Sousa (historiador e profesor investigador María Zambrano do Grupo de investigación T&P)

Obradoiro 8. Tradución e voluntariado – Berna Wang (tradutora para Amnistía Internacional e a Axencia da ONU para os refuxiados)

 

O OESTE: En que estado quero chegar?

Obradoiro 9. Tradución, freelancing e saúde mental – Kesley Frick (FreekinFreelance)

Obradoiro 10. Tradución e ergonomía – F. Javier Llaneza Álvarez (diplomado en ergonomía pola Sorbona I)

 

Preme ici para o acceso á plataforma de inscrición

Calquera dúbida podedes enviarlle un correo ao coordinador Óscar Ferreiro Vázquez

 

Article similaire

O MTCI ofrece cinco actividades extraacadémicas de balde no primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027

Todo o estudantado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo terá a oportunidade de participar de balde nun programa de actividades extraacadémicas durante o primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027. Esta oferta é posible grazas á mención de excelencia da Xunta de Galicia, concedida ao MTCI por segundo quinquenio consecutivo.…

En savoir plus
2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

En savoir plus
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

En savoir plus