Cursos de formación previa

Cursos de formación previa de Memorias de Tradución: coñecementos básicos e Corrección lingüística e fundamentos da práctica tradutiva

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) 一Awarded with the recognition of excellence by the Xunta de Galicia and Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea一continúa a ofrecer formación especializada para o desenvolvemento profesional no eido da tradución. Neste mes de decembro, organizamos dúas sesións de interese para o estudantado do MTCI.

Estes cursos están abertos a todo o estudantado do MTCI, pero están especialmente recomendados para aqueles que non cursaron estudos de tradución previamente.

Memorias de tradución: coñecementos básicos

  • Impartido por: Ana Hermida, docente do MTCI
  • Data: 11 de decembro
  • Lugar: Aula Newton 17
  • Duración: 4 horas

Esta sesión está deseñada para introducir os principios básicos do uso de memorias de tradución. Analizaranse as principais funcionalidades, aplicacións e vantaxes no contexto profesional.

Corrección lingüística e fundamentos da práctica tradutiva

  • Impartido por: Patricia Buxán, docente do MTCI
  • Datas:
    • Sesión presencial: 16 de decembro (Aula Newton 17)
    • Sesión virtual: 18 de decembro
  • Duración:
    • 4 horas (presencial)
    • 2 horas (virtual)

Esta actividade ofrecerá un enfoque práctico sobre os principios da corrección lingüística e as bases do traballo tradutivo. A sesión presencial centrarase en casos prácticos, mentres que a virtual permitirá unha reflexión e reforzo dos conceptos abordados.

Related post

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Read more
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

Read more