The Máster en Translation for International Communication (nternacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual.
Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de Galicia como Máster Universitario Excelente e pertencente á prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Dirección Xeral de Tradución (DXT) da Comisión Europea— reafirma o seu liderado e prestixio tanto a nivel nacional como internacional.
O interese xerado traspasa fronteiras: as candidaturas chegaron de lugares tan diversos como Panamá, Cuba, Venezuela, Brasil, Suecia, Turquía, Portugal, Italia, Arxentina, alén das catro esquinas de España entre moitos outros, evidenciando a proxección global e o recoñecemento internacional dunha titulación que se consolida como un referente no eido da tradución especializada, a comunicación multilingüe e a formación intercultural.
Como proba visual deste impacto global, o mapamundi interactivo multilingüe dispoñible na páxina de inicio desta web (en galego, español, inglés, francés e portugués) continuará sumando zonas vermellas, marcando os países de procedencia do noso alumnado e facendo visible, a golpe de clic, a expansión internacional dun máster que cruza océanos e culturas.
Este éxito rotundo é resultado do compromiso continuado coa excelencia académica, a innovación docente e a conexión directa co mercado profesional europeo e internacional da tradución. Un ano máis, o Mestrado en Tradución for a Comunicación Internacional demostra que a calidade, o prestixio e a internacionalización seguen sendo a súa mellor carta de presentación.