O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

Le Mestrado en Traduction pour la Communication Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual.

Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de Galicia como Máster Universitario Excelente e pertencente á prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Dirección Xeral de Tradución (DXT) da Comisión Europea— reafirma o seu liderado e prestixio tanto a nivel nacional como internacional.

O interese xerado traspasa fronteiras: as candidaturas chegaron de lugares tan diversos como Panamá, Cuba, Venezuela, Brasil, Suecia, Turquía, Portugal, Italia, Arxentina, alén das catro esquinas de España entre moitos outros, evidenciando a proxección global e o recoñecemento internacional dunha titulación que se consolida como un referente no eido da tradución especializada, a comunicación multilingüe e a formación intercultural.

Como proba visual deste impacto global, o mapamundi interactivo multilingüe dispoñible na páxina de inicio desta web (en galego, español, inglés, francés e portugués)  continuará sumando zonas vermellas, marcando os países de procedencia do noso alumnado e facendo visible, a golpe de clic, a expansión internacional dun máster que cruza océanos e culturas.

Este éxito rotundo é resultado do compromiso continuado coa excelencia académica, a innovación docente e a conexión directa co mercado profesional europeo e internacional da tradución. Un ano máis, o Mestrado en Tradución pour a Comunicación Internacional demostra que a calidade, o prestixio e a internacionalización seguen sendo a súa mellor carta de presentación.

Article similaire

2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

En savoir plus
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

En savoir plus