O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual.

Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de Galicia como Máster Universitario Excelente e pertencente á prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Dirección Xeral de Tradución (DXT) da Comisión Europea— reafirma o seu liderado e prestixio tanto a nivel nacional como internacional.

O interese xerado traspasa fronteiras: as candidaturas chegaron de lugares tan diversos como Panamá, Cuba, Venezuela, Brasil, Suecia, Turquía, Portugal, Italia, Arxentina, alén das catro esquinas de España entre moitos outros, evidenciando a proxección global e o recoñecemento internacional dunha titulación que se consolida como un referente no eido da tradución especializada, a comunicación multilingüe e a formación intercultural.

Como proba visual deste impacto global, o mapamundi interactivo multilingüe dispoñible na páxina de inicio desta web (en galego, español, inglés, francés e portugués)  continuará sumando zonas vermellas, marcando os países de procedencia do noso alumnado e facendo visible, a golpe de clic, a expansión internacional dun máster que cruza océanos e culturas.

Este éxito rotundo é resultado do compromiso continuado coa excelencia académica, a innovación docente e a conexión directa co mercado profesional europeo e internacional da tradución. Un ano máis, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional demostra que a calidade, o prestixio e a internacionalización seguen sendo a súa mellor carta de presentación.

Artigos relacionados

O MTCI ofrece cinco actividades extraacadémicas de balde no primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027

Todo o estudantado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo terá a oportunidade de participar de balde nun programa de actividades extraacadémicas durante o primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027. Esta oferta é posible grazas á mención de excelencia da Xunta de Galicia, concedida ao MTCI por segundo quinquenio consecutivo.…

Ler Máis
2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

Ler Máis
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

Ler Máis