Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución pour a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.

Esta iniciativa ten como obxectivo facilitar a integración do estudantado internacional que comprende galego ou castelán, pero que non se sente o suficientemente seguro como para participar activamente ou realizar probas nestas linguas. A través das modalidades English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole, o profesorado comprométese a:

  • Traducir a guía docente ao idioma correspondente, incluíndo descrición xeral, contidos e sistema de avaliación.
  • Facilitar materiais e referencias bibliográficas na lingua estranxeira, se así o require o estudantado.
  • Atender as titorías na lingua estranxeira sinalada.
  • Deseñar e ofrecer probas e avaliacións na lingua solicitada.
  • Subir as presentacións en versión bilingüe ao espazo virtual MOOVI, sempre que sexa posible.
  • Dispoñibilizar exercicios, prácticas ou casos de estudo en ambas linguas, cando sexa viable.

Queremos expresar o noso sincero agradecemento ás e aos docentes do MTCI que se sumaron a esta iniciativa e que fan posible unha formación máis accesible, diversa e aberta ao mundo.

Con esta participación, o Máster en Tradución pour a Comunicación Internacional afianza o seu carácter internacional, inclusivo e orientado ao mundo profesional, ofrecendo unha formación avanzada, multilingüe e conectada coas necesidades reais da tradución e a comunicación global.

O noso mestrado integra esta proposta como expresión da súa aposta consolidada pola dimensión internacional, e a nosa oferta para o vindeiro curso inclúe:

5 materias MTCI français amical | 20,8 %

Semestre
Code de la matière
Nom de la matière
Premier
V01M128V11105
Méthodologie de la recherche
Premier
V01M128V11108
Technologies appliquées à la traduction
Deuxième
V01M128V11223
Traduire le Patrimoine
Deuxième
V01M128V11234
Traduction spécialisée économico-commerciale Français-Galicien-Français / Français-Espagnol-Français
Deuxième
V01M128V11224
Traduction services culturels

4 materias MTCI português amigável | 16,7 %

1 materia MTCI italiano amichevole | 4,2 %

Semestre
Codice insegnamento
Nome insegnamento
Primo
V01M128V11105
Metodologia della ricerca

Article similaire

O MTCI ofrece cinco actividades extraacadémicas de balde no primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027

Todo o estudantado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo terá a oportunidade de participar de balde nun programa de actividades extraacadémicas durante o primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027. Esta oferta é posible grazas á mención de excelencia da Xunta de Galicia, concedida ao MTCI por segundo quinquenio consecutivo.…

En savoir plus
2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

En savoir plus
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

En savoir plus