Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.

Esta iniciativa ten como obxectivo facilitar a integración do estudantado internacional que comprende galego ou castelán, pero que non se sente o suficientemente seguro como para participar activamente ou realizar probas nestas linguas. A través das modalidades English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole, o profesorado comprométese a:

  • Traducir a guía docente ao idioma correspondente, incluíndo descrición xeral, contidos e sistema de avaliación.
  • Facilitar materiais e referencias bibliográficas na lingua estranxeira, se así o require o estudantado.
  • Atender as titorías na lingua estranxeira sinalada.
  • Deseñar e ofrecer probas e avaliacións na lingua solicitada.
  • Subir as presentacións en versión bilingüe ao espazo virtual MOOVI, sempre que sexa posible.
  • Dispoñibilizar exercicios, prácticas ou casos de estudo en ambas linguas, cando sexa viable.

Queremos expresar o noso sincero agradecemento ás e aos docentes do MTCI que se sumaron a esta iniciativa e que fan posible unha formación máis accesible, diversa e aberta ao mundo.

Con esta participación, o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional afianza o seu carácter internacional, inclusivo e orientado ao mundo profesional, ofrecendo unha formación avanzada, multilingüe e conectada coas necesidades reais da tradución e a comunicación global.

O noso mestrado integra esta proposta como expresión da súa aposta consolidada pola dimensión internacional, e a nosa oferta para o vindeiro curso inclúe:

5 materias MTCI français amical | 20,8 %

Semestre
Code de la matière
Nom de la matière
Premier
V01M128V11105
Méthodologie de la recherche
Premier
V01M128V11108
Technologies appliquées à la traduction
Deuxième
V01M128V11223
Traduire le Patrimoine
Deuxième
V01M128V11234
Traduction spécialisée économico-commerciale Français-Galicien-Français / Français-Espagnol-Français
Deuxième
V01M128V11224
Traduction services culturels

4 materias MTCI português amigável | 16,7 %

Semestre
Código da matéria
Nome da matéria
Primero
V01M128V11105
Metodologia da pesquisa
Primero
V01M128V11108
Tecnologias aplicadas à tradução
Segundo
V01M128V11220
Cinema e tradução
Segundo
V01M128V11231
Tradução especializada jurídico-administrativa Português-Galego-Português / Português-Espanhol-Português

1 materia MTCI italiano amichevole | 4,2 %

Semestre
Codice insegnamento
Nome insegnamento
Primo
V01M128V11105
Metodologia della ricerca

Artículos relacionados

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Leer más
Materias English Friendly, Français Amical, Português Amigável e Italiano Amichevole no MTCI

O Máster universitario en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo —máster universitario excelente da Xunta de Galicia e membro da prestixiosa rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea— súmase á iniciativa da Vicerreitoría de Internacionalización que promove a oferta multilingüe de materias nos graos e mestrados oficiais da UVigo.…

Leer más