A docente do MTCI Patricia Buxán traduce por primeira vez ao galego a Byung-Chul Han

A docente do MTCI Patricia Buxán traduce por primeira vez ao galego a Byung-Chul Han: un fito para a filosofía contemporánea e a tradución

É unha honra para o Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI)Máster Universitario Excelente de la Xunta de Galicia y Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea— anunciar que a docente do Mestrado Patricia Buxán foi a encargada de traducir, por primeira vez en lingua galega, unha obra de Byung-Chul Han, pensador recentemente galardoado co Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2025. Este galardón confirma o seu lugar destacado como unha das voces máis influentes do pensamento crítico actual.

Alén da proxección internacional do autor, o proxecto resulta especialmente significativo polo seu carácter pioneiro no ámbito da tradución filosófica en galego, eido no que a docente achega a súa experiencia tamén como editora. Ademais, esta iniciativa constitúe un dobre fito: por unha banda, abre as portas da filosofía contemporánea ao público lector galegofalante; por outra, pon en valor o traballo intelectual que supón traducir un pensamento tan denso e preciso como o de Han sen traizoar a súa complexidade conceptual.

Sobre este proceso reflexiona a propia Patricia Buxán nunha entrevista publicada onte, 18 de maio de 2025, no Diario de Pontevedra, na que aborda os desafíos da tradución filosófica ao galego e a importancia de consolidar unha tradición de pensamento nesta lingua. Ela mesma sinala que «aínda custa coller tradución ao galego», unha frase que resume tanto o esforzo coma o compromiso que sustentan este traballo. 

Se cabe, o proxecto adquire aínda máis relevancia polo feito de desenvolverse nun contexto periférico —tanto pola lingua como polos medios implicados—, amosando que a filosofía pode e debe circular tamén dende as marxes lingüísticas e culturais.

Celebramos, así, non só o recoñecemento a un autor esencial para interpretar o noso tempo, senón tamén o labor discreto pero fundamental de quen fai posible que as súas ideas se espallen nas diferentes linguas.

Parabéns, Patricia!

Picture of Patricia Buxán Otero

Patricia Buxán Otero

é doutora en Tradución pola Universidade de Vigo, onde tamén exerce como profesora asociada. Compaxina a súa actividade docente coa tradución e a edición, destacando como tradutora ao galego de autores como Byung-Chul Han, Rachel Carson, Hans Fallada e Albert Einstein. Licenciada en Tradución e Interpretación en 1998, especializouse na tradución de fraseoloxía en manuais de instrucións alemán-español. A súa traxectoria profesional abrangue os ámbitos da tecnoloxía, arte, publicidade e edición. É membro activo de asociacións profesionais como a AGPTI, da que foi presidenta entre 2012 e 2016, e da AGX (Asociación Galega de Xermanistas). A súa investigación actual céntrase nas políticas editoriais, especialmente na tradución e edición crítica, desenvolvendo este traballo no grupo de investigación BiFeGa da Universidade de Vigo dentro da liña BITRAGA (Biblioteca de Tradución Galega).

Artículos relacionados

Microcredencial: Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios

Temos o pracer de anunciar a posta en marcha da microcredencial Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios, unha formación inicial deseñada para ofrecer unha visión previa, rigorosa e contextualizada da Corea contemporánea. Esta proposta formativa está dirixida a estudantes, profesionais e persoas interesadas que se preparan para realizar estudos ou estadías…

Leer más
Do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional ao Parlamento Europeo: entrevista con Alba Rubio Alonso

Por que decidiches solicitar a bolsa Schuman do Parlamento Europeo e como te enteraches da convocatoria? Que esperabas aprender ou experimentar durante o teu período de prácticas? Dende a adolescencia, sempre sentín un especial interese polas culturas. Cando estudei o Grao en Linguas Estranxeiras e, posteriormente, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, sabía…

Leer más
Aberta a inscrición na microcredencial «Tradución e dobraxe»

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo informa que puxo en marcha, a través do docente Xoán Montero, a microcredencial «Tradución e dobraxe», unha formación semipresencial de 3 ECTS pensada para iniciar o alumnado nas profesións de tradutor/a audiovisual e actor/actriz de dobraxe. Trátase dunha excelente oportunidade para achegarse ao…

Leer más