Presentación do curso 2024-2025

Co gallo do Día Internacional da Tradución, o pasado luns 30 de setembro tivo lugar, no Salón de graos (aula B3) da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, o acto de presentación do curso académico 2024-2025 no Mestrado en Tradución para a Communication Internationale (MTCI)-Master labellisé d’excellence par la Xunta de Galicia et Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea.

A presentación correu a cargo de Óscar Ferreiro Vázquez, coordinador do Mestrado, José Yuste Frías, secretario do Mestrado, e Ramón Méndez González, docente do MTCI, así como dun bo número do alumnado desta promoción.

Entre as principais novidades deste ano están a dobre titulación coa Università degli Studi di Palermo, as bolsas Erasmus para estancias en Palermo e Xeorxia e a entrada do MTCI na lista de Mestrados Europeos en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea.

Por suposto, tamén están previstas diferentes conferencias e cursos de formación que contribuirán á formación do noso alumnado.

De seguro será un gran ano!


Article similaire

O MTCI ofrece cinco actividades extraacadémicas de balde no primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027

Todo o estudantado do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo terá a oportunidade de participar de balde nun programa de actividades extraacadémicas durante o primeiro cuadrimestre do curso 2026–2027. Esta oferta é posible grazas á mención de excelencia da Xunta de Galicia, concedida ao MTCI por segundo quinquenio consecutivo.…

En savoir plus
2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje

Estimado futuro alumnado del Máster:Os informamos de que está abierto el plazo de inscripción para la 2.ª edición de la microcredencial de Introducción al doblaje, dirigida por nuestro colega y profesor del Máster MTCI Xoán Montero.Se trata de un curso presencial y práctico de 16 horas, pensado para ofrecer una primera aproximación a la práctica…

En savoir plus
Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

En savoir plus