Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional.
Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas.
Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e que queredes formarvos con nós, e as persoas que este ano non puidestes obter praza, agardamos poder acollervos o vindeiro curso.
Grazas por facelo posible! Dez anos, dez matrículas completas!
Entrevista a Anna Palou e Catherine Smith, intérpretes na reunión da rede EMT e alumnas do MTCI
Anna Palou e Catherine Smith, alumnas do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo, recoñecido como Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e membro da rede European Master’s in Translation (EMT) da Comisión Europea, participaron como intérpretes nun encontro internacional desta rede dedicado ao uso sostible e responsable da…
Ler mais


