Visita co alumnado do MTCI á Audiencia provincial de Pontevedra.

O martes pasado, día 25 de marzo, acompañamos alumnos do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional a un xuízo con intérprete de portugués na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra, a fin de coñeceren de preto o traballo destes profesionais nunha situación laboral real.

Ao chegarmos, recibiunos a xuíza do Mercantil Sección 2, quen nos explicou o funcionamento dos xulgados e da Audiencia de Pontevedra, e ensinounos as instalacións onde traballa. A continuación acompañounos ao xuízo que comezou pouco despois das 10.00 h.

Tratouse do xuízo da denominada «Operación Jockey», unha operación antidroga que culminou na detención de tres acusados (dous galegos e un portugués) e a incautación, en Tomiño, do maior alixo de heroína ata a actualidade en Galicia. A prensa era numerosa. Entre as testemuñas contáronse policías galegos e un cidadán portugués que se encontra no cárcere no Porto e que foi interrogado por videoconferencia. Había outra testemuña portuguesa no cárcere do Porto que non quixo declarar. A intérprete, que era brasileira, interveu en moi contadas ocasións, pois os galegos entendían bastante ben os portugueses e viceversa. A primeira vez que foi necesaria a súa intervención foi cando interrogaron unha das testemuñas do cárcere portuense, pois o son non era tan claro. Cómpre referir que houbo ás veces algunha dificultade de comprensión entre a intérprete e a testemuña, debido ao léxico diferente entre o Brasil e Portugal. Por exemplo, nun determinado momento a intérprete tivo que preguntarlle á testemuña portuguesa cal era o seu apelido, e fíxoo así:

— Intérprete brasileira: Qual é seu sobrenome? [No Brasil o «sobrenome» é o apelido galego e portugués]

— Testemuña portuguesa: Apelido?

Naquel momento xerouse un clima de desconcerto na sala, porque tanto a xuíza como a intérprete entenderon «Hai ruído» —a xuíza ata o pronunciou en alto—, ou sexa, que non se escoitaba ben, e intentaron baixar os decibelios na sala para que a testemuña os puidese entender mellor.

Cara ao final do xuízo, Anxos Sobriño, lingüista do Servizo de Asesoramento Lingüístico da Audiencia Provincial de Pontevedra, explicounos en que consistía o seu traballo diario (o 80 % do traballo é de corrección de documentos xurídicos en galego) e ofreceunos os folletos sobre a Xustiza que aparecen na fotografía.

 

Dende o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional queremos agradecer á xuíza do Mercantil Sección 2, a Anxos e os seus compañeiros do Servizo de Asesoramento Lingüístico. 

 

Publicações relacionada

¡Vuelven los Premios ETIV-UVigo en su III Edición!

Nos complace anunciar que los Premios ETIV-UVigo regresan un año más para celebrar y reconocer la excelencia en la localización de videojuegos. Estos galardones, organizados por la Universidade de Vigo y el grupo de investigación TI4 Traducción & Paratraducción (T&P), forman parte de las actividades del Título Propio de Especialista en Traducción para la Industria…

Ler mais
Citizens’ Language Days: entrevista a Paula Sánchez

1.     Que sentiches ao ser unha das 24 persoas seleccionadas de entre todos os mestrados da rede europea (EMT)? Creo que o sentimento de ledicia que vivín cando recibín a noticia é indescritible. Foi una grata sorpresa e unha gran oportunidade que tiña claro que ía aproveitar ao máximo. Sentinme moi afortunada de poder representar…

Ler mais
Nociones clave para-traducir entre la transtextualidad y la transmedialidad

Desde la Coordinación del Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) –Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia y Máster Europeo en Tradución (EMT) de la Dirección General de Traducción de la Unión Europea– nos complace anunciar que el Grupo de Investigación Traducción & Paratraducción (T&P) estará presente en el Congreso internacional GLOTECH 2024: ” Shaping…

Ler mais