Menu

Novo libro do ETIV

Avances en las realidades traductológicas: tecnología, ocio y sociedad a través del texto y del paratexto

Comprácenos anunciar a publicación de Avances en las realidades traductológicas: tecnología, ocio y sociedad a través del texto y del paratexto, o volume inaugural dunha serie de publicacións do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) da Universidade de Vigo. Foi publicado pola editorial Peter Lang e editado polo docente da Universidade de Vigo e membro do grupo de investigación T&P, o doutor Óscar Ferreiro Vázquez, quen tamén asina a presentación. O prólogo, pola súa parte, corre a cargo da localizadora profesional de videoxogos Curri Barceló.

Esta obra multidisciplinar consta de doce capítulos nos que contribuíron docentes de diversas universidades, onde se estuda a presenza da (para)tradución nunha ampla variedade de sectores e actividades coma os videoxogos, a cultura, o ensino, as tecnoloxías, os libros ou o cine.

Contou coa participación de Ana Luna Alonso, Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy, José Yuste Frías, Marta Villanueva Sabucedo, Óscar Ferreiro-Vázquez, Ramón Méndez González, Samira Spolidorio, Sara María Torres Outón e Xoán Montero, da Universidade de Vigo; Adrián Suárez Mouriño, da Universidad Internacional de La Rioja; Christina Lachat-Leal, da Universidad de Granada; Estíbaliz Linares Bahillo, Iratxe Aristegui Fradua, María Silvestre Cabrera, Raquel Royo Prieto e Usue Beloki Marañón, da Deustuko Unibertsitatea; e Sílvia Araújo e Tereza Afonso, da Universidade do Minho.

Tal e como adianta o editor na presentación da obra, agárdase que o libro, «a través de cada unha das contribucións, achegue os estudos de tradución e interpretación a novas vías de investigación e debates […]» e que «os traballos que aí se reúnen estimulen, sen lugar a dúbidas, aos investigadores e localizadores en herbe».

Índice, presentación e prólogo do libro

 

Ficha bibliográfica completa:

FERREIRO-VÁZQUEZ, Óscar [ed.] (2022): Avances en las realidades traductológicas: tecnología, ocio y sociedad a través del texto y del paratexto. Berlín: Peter Lang, Col. Studien zur romanischen Sprachwissenschaft und interkulturellen Kommunikation («Estudos sobre linguas románicas e comunicación intercultural») dirixida por Gerd Wotjak, José Juan Batista Rodríguez e Dolores García-Padrón, Vol. 176, 208 págs. ISBN 978-3-631-80810-8, ebook 978-3-631-89074-5. DOI: 10.3726/b20227.

Las opiniones del alumnado