Ferreiro Vázquez, Óscar

Óscar Ferreiro Vázquez (Fribourg, Suíza) é Doutor en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo coa tese «Por boca de»: achegas á historia da interpretación do centro e sur de América (1518-1870). Compaxina o seu labor profesional na empresa privada coa docencia e investigación na Universidade de Vigo como profesor asociado do departamento de Tradución e Lingüística.     Contacto: oferreiro@uvigo.es

Iolanda Galanes

Galanes Santos, Iolanda

Iolanda Galanes Santos é doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou estudos de posgrao na Universidade de Laval (Quebec). A súa investigación encádrase en dúas liñas de traballo: dunha banda a Terminoloxía e a Tradución especializada e, doutra, a Tradución literaria en Galicia. A esta última liña pertence o Catálogo Virtual…

Foto Ana Hermida Ruibal

Hermida Ruibal, Ana

Ana Hermida Ruibal (Pontevedra, 1975) é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. En 1995 marchou a Lisboa cunha bolsa Erasmus-Sócrates e xa non volveu a Galicia ata ben pasada unha década. Desde 1998 traduce profesionalmente do portugués, castelán e galego ao castelán e galego, actividade que compaxina, cando as circunstancias o permiten,…

ÁureaFernándezRodríguez

Fernández Rodríguez, Áurea

Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela onde impartiu docencia como profesora titular ata 1995, Áurea Fernández Rodríguez forma parte actualmente do cadro do persoal da Universidade de Vigo.  Membro de grupos de investigación sobre a tradución literaria en Galicia e en España BITRAGA e CRET, proxectos de investigación financiados pola Xunta…