O Mestrado en Tradución para a comunicación internacional (MTCI) foi unha iniciativa dos profesores investigadores titulares do Grupo de Investigación Tradución & Paratradución (T&P). O Grupo T&conta con tres liñas Instrumentais de Actuación dedicadas á transferencia e utilización do coñecemento xerado pola produción científica do grupo a través de 3 programas de TV en Internet que recollen distintos formatos de producións audiovisuais totalmente dedicadas á divulgación científica do mundo da tradución e que resultan ser recursos materiais imprescindibles de consulta e formación continua para o alumnado do noso Mestrado en Tradución para a comunicación internacional (MTCI): 

Datos xerais

Créditos: 60 ECTS.

Modalidade: Semipresencial

Prazas: 30 (Cupo: 5 prazas para estudantes estranxeiros alleos ao EEES)

Coordinador: José Yuste Frías (Telf.: +34 986 812 331)

Web: http://paratraduccion.com/limiares/

Centro: Facultade de Filoloxía e Tradución (Universidade de Vigo)

Descrición

O obxectivo principal do Mestrado Tradución para a comunicación internacional (MTCI) e a formación do alumnado egresado como tradutores/as profesionais capaces de responder á demanda do mercado profesional da tradución.

O mestrado divídese en dous módulos optativos en función dos seus dos grandes campos de formación en traducción para a comunicación: a comunicación intercultural, multicultural e transcultural, por unha banda; e a comunicación económico-comercial e xurídico-administrativa (con especial atención á tradución xurada), por outra. Os dous grandes bloques son:

  • «Tradución para a comunicación entre culturas» (Módulo B1)
  • «Tradución para o comercio internacional» (Módulo B2)

O mestrado ofrece a posibilidade de solicitar unha bolsa Erasmus para cursar o segundo cuadrimestre no Master LEA: Spécialité Langues et Négociation de Projets Internationaux, da Université Paul Valéry, Montpellier III.

Saídas profesionais

O título do mestrado baséase en responder á demanda de formación de tradutor-intérprete xurado das combinacións Francés-Galego/Español-Francés e Inglés-Galego/Español-Inglés.

Por outra banda, o título forma ao alumnado para a profesión de:

  • Tradutor/a no ámbito da comunicación: audiovisual, multimedia e xestor/mediador de comunicación internacional.
  • Tradutor/a no ámbito do comercio exterior: responsable de importación-exportación de empresas nacionais ou internacionais, técnico de comercio exterior, responsable de análise de desenvolvemento.

Criterios de admisión

Este máster vai dirixido a estudantes que teñan un óptimo dominio da lingua materna, así como un coñecemento sólido dunha das linguas propostas: alemán, francés, inglés ou portugués, no ámbito da comunicación ou do comercio internacional. Deste xeito, para acceder ao Máster en Tradución e Comunicación Internacional será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español, ou expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior. Establécense tres grupos por orde de prevalencia:

1. Licenciaturas ou graos en Tradución e Interpretación.

2. Licenciaturas ou graos en Linguas Estranxeiras, Ciencias da Linguaxe ou en calquera Filoloxía.

3. Licenciaturas ou graos en Antropoloxía Social e Cultural, Belas Artes, Ciencias da Información, Ciencias do Traballo, Ciencias Políticas e da Administración, Ciencias Políticas e Socioloxía, Comunicación Audiovisual, Dereito, Documentación, Economía, Estudos de Asia Oriental, Xornalismo, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Publicidade e Relacións Públicas, Humanidades, Turismo, Administración e Dirección de Empresas, Filosofía, Historia, Xeografía, Socioloxía, Historia da arte, Xestión e Administración Pública, Xeografía, Relacións Laborais, Traballo Social, Ciencias Empresariais.

Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.

Requisitos de admisión específicos e/ou criterios de valoración

A Comisión Académica do Máster poderá esixir a xustificación de coñecementos básicos en Estudos de Tradución e de linguas estranxeiras mediante unha entrevista.

Bolsas

Programa

MÓDULO A. Obrigatorio

  • Xestión de memorias de tradución (6 ECTS, Obrigatoria, 1º Cuadrimestre)
  • Metodoloxía da investigación (6 ECTS, Obrigatoria, 1º Cuadrimestre)
  • Tecnoloxías e ferramentas lingüísticas (6 ECTS, Obrigatoria, 1º Cuadrimestre)
  • Terminoloxía en tradución (6 ECTS, Obrigatoria, 1º Cuadrimestre)

MÓDULO B1: Tradución para a comunicación entre culturas

  • Cine e tradución (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución publicitaria (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución de videoxogos (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución e patrimonio (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución e servizos culturais (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Textos e discursos especializados: Tradución de textos do ámbito da biomedicina (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)

MÓDULO B2: Tradución para o comercio internacional

  • Dereito aplicado á tradución (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Economía aplicada á tradución (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Estratexias de tradución exportación/importación (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución especializada xurídico-administrativa: Inglés-Galego-Inglés / Inglés-Español-Inglés (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución especializada xurídico-administrativa: Francés- Galego-Francés / Francés-Español-Francés (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución especializada xurídico-administrativa: Portugués-Galego- Portugués / Portugués-Español-Portugués (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución especializada xurídico-administrativa: Alemán-Galego-Alemán / Alemán-Español-Alemán (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución especializada económico-comercial: Inglés-Galego- Inglés / Inglés-Español-Inglés (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución especializada económico-comercial: Francés-Galego- Francés / Francés-Español-Francés (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución especializada económico-comercial: Portugués-Galego- Portugués / Portugués-Español-Portugués (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución especializada económico-comercial: Alemán-Galego- Alemán / Alemán-Español-Alemán (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)
  • Tradución e cooperación transfronteiriza (6 ECTS, Optativa, 2º Cuadrimestre)

MÓDULO C: Traballo Fin de Máster (6 ECTS, Obrigatoria, 2º Cuadrimestre)

Condición de expedición do título de máster

Para a expedición do título o/a estudante ha de superar 60 créditos do máster, divididos do seguinte xeito:

  • Módulo A24 créditos
  • Módulo B1 ou B230 créditos
  • Módulo C (TFM)6 créditos

    Preme aquí para acceder as descricións das materias de cada módulo

GL
Skip to content