CONFERENCIA DE FERNANDO NAVARRO – Presentación del Libro Rojo y la plataforma Cosnautas

O xoves 26 de setembro ás 11.00h no salón de actos terá lugar a conferencia impartida polo profesor e tradutor Fernando Navarro.

O Profesor Fernando A. Navarro é médico de formación, especialista en farmacoloxía clínica. Entre 1993 e 2002 foi tradutor médico do cadro de persoal no Servizo de Idiomas dos Laboratorios Roche en Basilea (Suíza). Na actualidade é tradutor médico autónomo para grandes laboratorios farmacéuticos e organismos internacionais do sector biosanitario, e docente do «Máster en traducción médico-sanitaria» da UJI.
É socio fundador da plataforma Cosnautas de recursos profesionais para a tradución médica; fundador e primeiro director da revista Panace@; socio de honor de Tremédica, de Asetrad, de IAPTI e de UniCo; académico correspondente e vogal da comisión de traducións da Academia Norteamericana de la Lengua Española (Nova York); e membro da xunta directiva da Asociación Española de Médicos Escritores. Autor do Diccionario de dudas y dificultades de traducción del inglés médico e director técnico do Diccionario de términos médicos da Real Academia Nacional de Medicina. A continuación atoparedes unha ligazón dunha entrevista ao Profesor Fernando Navarro.

Esperámosvos o día 26/09/2019 ás 11h no salón de actos da FFT.

Organizan AGPTI e o Programa de Doutoramento T&P coa colaboración de Bitraga, BiFeGa e Cosnauta.

Artigos relacionados

Nociones clave para-traducir entre la transtextualidad y la transmedialidad

Desde la Coordinación del Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) –Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia y Máster Europeo en Tradución (EMT) de la Dirección General de Traducción de la Unión Europea– nos complace anunciar que el Grupo de Investigación Traducción & Paratraducción (T&P) estará presente en el Congreso internacional GLOTECH 2024: ” Shaping…

Ler Máis
Entrevista TEF 2024: Lucía Traygo Cornejo

Que sentiches ao ser unha das 20 persoas seleccionadas de entre todos os mestrados da rede europea (EMT)? Dende o primeiro momento, sentín un profundo agradecemento polo grande equipo, a coordinación do MTCI, que fai posible este tipo de iniciativas, así como un forte compromiso para aproveitar esta oportunidade ao máximo. A idea de que…

Ler Máis
Cursos de formación previa

Cursos de formación previa de Memorias de Tradución: coñecementos básicos e Corrección lingüística e fundamentos da práctica tradutiva O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) 一Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea一continúa a ofrecer formación especializada para o desenvolvemento…

Ler Máis
Curso de transcreación

Dende a Coordinación do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) 一Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea一 comprácenos anunciar que, dado o interese que suscitou a proposta no noso alumnado, este ano 2024-25 ofertaremos un curso de transcreación.  Como…

Ler Máis