Acceso ás guías docentes en galego
Acceso ás guías docentes en castelán
Emprendemento para a tradución e a interpretación nas dinámicas do mercado laboral
(Prof.ª Jessica Gregori Sendra)
Unha das saídas laborais dos estudos de tradución é o traballo por conta propia, unha actividade para a que normalmente non se prepara academicamente ao alumnado e que moitos recén graduados non valoran por descoñecemento ou por non saber moi ben como abordala.
O mundo laboral actual esixe profesionais proactivos e adaptables, capaces de identificar oportunidades e crear o seu propio camiño. Neste contexto, o emprendemento preséntase como unha ferramenta fundamental para o éxito profesional, independentemente do sector no que se desenvolva a actividade.
Esta materia ten como obxectivo principal fomentar o espírito emprendedor dos alumnos e dotar aos estudantes das habilidades e coñecementos necesarios para emprender en calquera ámbito, tanto no da tradución como noutras áreas. Ao longo do curso, abordaranse conceptos clave, ferramentas prácticas e casos reais que permitirán aos estudantes:
- Desenvolver unha mentalidade emprendedora
- Identificar oportunidades de negocio
- Elaborar un plan de empresa
- Adquirir habilidades de xestión
- Fortalecer a comunicación e o traballo en equipo
A materia caracterízase por un enfoque práctico, onde os estudantes non só aprenden conceptos teóricos, senón que tamén os aplican en casos reais. A través de clases dinámicas, debates na aula e na plataforma, e un proxecto final en grupo que se presentará de forma oral e escrita, os alumnos poderán compartir as súas experiencias e poñer en práctica o aprendido.