Décimo ano consecutivo coas prazas completas!

Estamos de celebración! Por décimo ano consecutivo, completamos todas as prazas do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional. Un ano máis, a resposta do estudantado superou as nosas expectativas, até o punto de que tivemos que deixar alumnado fóra por falta de prazas. Grazas a todas as persoas que confiades no noso título e…

Óscar Ferreiro, coordinador do mestrado, destaca os logros do MTCI tras a renovación da Mención de Excelencia da Xunta de Galicia

O Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve situarse entre os mestrados de referencia do eido da tradución. O xornal La Voz de Galicia recolle na súa edición do 22 de xuño de 2026 a renovación da Mención de Excelencia concedida pola Xunta de Galicia, un recoñecemento que se estenderá ata o ano…

O MTCI renova a mención de Excelencia da Xunta de Galicia ata o 2031 e reafirma o seu liderado no SUG

Como coordinador do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI), é para min unha enorme satisfacción compartir unha noticia moi especial para toda a nosa comunidade académica en xeral, e para o MTCI en particular: o noso mestrado vén de renovar a Mención de Excelencia da Xunta de Galicia, consolidando así unha traxectoria marcada…

Activar espazos, crear públicos: un obradoiro para repensar a cultura como motor de cidade

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional pon en marcha o obradoiro «Activar espazos, crear públicos. Impacto, cidade e sostibilidade», unha proposta formativa intensiva e de carácter práctico impartida pola xestora cultural Patricia Verdial Garay. Este obradoiro nace coa vocación de ofrecer ao estudantado ferramentas reais para deseñar, activar e avaliar programas públicos en…

O MTCI pon en marcha a III Edición da Mentoría personalizada para o estudantado de mestrado

Un ano máis, dende a coordinación do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional temos o pracer de anunciar a III Edición do programa de mentoría personalizada con profesionais dirixido ao noso estudantado do MTCI. A nova edición porase en marcha en marzo 2026, en modalidade virtual. Tras a excelente acollida das edicións anteriores, renovamos…

Microcredencial: Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios

Temos o pracer de anunciar a posta en marcha da microcredencial Inmersión inicial en cultura, lingua e comunicación coreana para negocios, unha formación inicial deseñada para ofrecer unha visión previa, rigorosa e contextualizada da Corea contemporánea. Esta proposta formativa está dirixida a estudantes, profesionais e persoas interesadas que se preparan para realizar estudos ou estadías…

Do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional ao Parlamento Europeo: entrevista con Alba Rubio Alonso

Por que decidiches solicitar a bolsa Schuman do Parlamento Europeo e como te enteraches da convocatoria? Que esperabas aprender ou experimentar durante o teu período de prácticas? Dende a adolescencia, sempre sentín un especial interese polas culturas. Cando estudei o Grao en Linguas Estranxeiras e, posteriormente, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, sabía…