A experiencia internacional de Sofia Rizzo na UVigo: testemuña dunha dobre titulación enriquecedora

Sofia Rizzo é unha das estudantes que este curso tivo a oportunidade de formar parte da dobre titulación recentemente posta en marcha entre o noso mestrado e a Università di Palermo. Grazas a este acordo de colaboración internacional, Sofia puido cursar parte da súa formación na Universidade de Vigo, enriquecendo así a súa traxectoria académica…

O Máster en Tradución para a Comunicación Internacional participa na reunión de primavera da rede EMT en Varsovia

Os días 2 e 3 de xuño de 2025, o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo, representado polo profesor Emmanuel Claude Bourgoin Vergondy, participou na reunión de primavera da rede EMT (European Master’s in Translation), que tivo lugar na Universidade de Varsovia, no Instituto de Lingüística Aplicada.Esta xuntanza internacional, organizada…

A Universidade de Vigo reafirma o seu liderado na localización de videoxogos coa III Edición dos Premios ETIV

O Centro Comercial Vialia de Vigo converteuse este venres nun escaparate da innovación e excelencia na tradución de videoxogos coa celebración da III Edición dos Premios ETIV-UVIGO. O evento, organizado polo título propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e tamén polo noso Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI),…

III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos. Este ano no CC Vialia

III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á localización de videoxogos – Unha cita ineludible   O vindeiro venres 30 de maio ás 19:00 h, o Centro Comercial Vialia de Vigo acollerá a III Edición dos Premios ETIV-UVIGO á Localización de videoxogos, un evento no que o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) —Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e membro…

Volve a mentoría personalizada do MTCI

Un ano máis, dende a coordinación do Mestrado Universitario en Traducción para a Comunicación Internacional (MTCI) da Universidade de Vigo, temos o pracer de anunciar unha nova edición do noso programa de mentoría con profesionais, que se porá en marcha a finais de abril de 2025, en modalidade virtual. Tras a excelente acollida da edición…

Conferencia do docente do MTCI Xoán Garrido: «Historia da percepción de “Se isto é un home” a través das traducións»

Hoxe, 6 de febreiro, ás 12 horas terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela a conferencia titulada «Historia da percepción de Se isto é un home a través das traducións» a cargo do noso colega e profesor Xoán Manuel Garrido Vilariño. Xoán Manuel Garrido Vilariño é Doutor en…

¡Vuelven los Premios ETIV-UVigo en su III Edición!

Nos complace anunciar que los Premios ETIV-UVigo regresan un año más para celebrar y reconocer la excelencia en la localización de videojuegos. Estos galardones, organizados por la Universidade de Vigo y el grupo de investigación TI4 Traducción & Paratraducción (T&P), forman parte de las actividades del Título Propio de Especialista en Traducción para la Industria…