O Parlamento de Galicia convocou bolsas para a formación práctica, das cales dúas están destinadas ao Servizo de Publicacións. Son para perfís de licenciatura ou grao en tradución e interpretación ou filoloxía galega. As bases desta convocatoria están publicadas no BOPG 485, do 10 de xuño (a partir da páxina 9). O prazo para presentar solicitudes é de 15 días naturais desde o seguinte á publicación do correspondente anuncio no DOG (publicado o 17 de xuño), é dicir, até o 2 de xullo.
Pola súa vez, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación e Humanidades convocou nove bolsas de formación en proxectos de investigación, oito delas dirixidas a titulados en filoloxía ou en tradución e interpretación. As bases están publicadas no DOG do 18 de xuño e o prazo para concorrer é dun mes desde o día seguinte á publicación, é dicir, até o 18 de xullo.