A paratradución como mecanismo para desenmascarar o canon

Cumpliendo con el cronograma de los eventos científicos programados y las actividades extraacadémicas previstas en cada curso académico por el Grupo de Investigación y el Programa Doctoral Internacional Tradução & Paratraducción (T&P), el Mestrado em Traducción para la Comunicação Internacional (MTCI) –MESTRADO UNIVERSITÁRIO COM EXCELÊNCIA DA XUNTA DE GALICIA– y el Título Propio de Especialista em Traducción para la Indústria de Videojuego (ETIV) de la Universidade de Vigo (UVigo), el 13 de marzo de 2024 de 11.00 h a 13.00 h y en el Salón de Grados de la Facultade de Filoloxía e Tradución de la Universidade de Vigo, Alba Rodríguez Saavedra impartirá la conferencia moderada por el profesor Alberto Álvarez Lugrís y titulada:

A paratradución  como mecanismo para desenmascarar o canon.
A reivindicación das mulleres galegas a través de Ruth Matilda Anderson

 

Resumen en gallego de la conferencia

Esta conferencia expon os diferentes mecanismos de ocultación e manipulación que, desde 1939 ata a actualidade, opera(ro)n para manter invisible en Galicia un libro, Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, que, ademais de contar co meirande número de traducións de textos de Rosalía de Castro ao inglés ata 1964 e de presentar unha análise exhaustiva da realidade galega alicerzada na documentación histórica, literaria ou sociolóxica, reflicte con claridade o compromiso feminista de dúas escritoras galegas paradigmáticas: Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. Ruth Matilda Anderson apóiase en escritos de ambas as intelectuais para complementar o seu retrato de Galicia, esencialmente centrado nas mulleres, a infancia e o medio rural, contradicindo, deste xeito, o discurso canónico patriarcal do que elas ficaron elididas. E o que resulta aínda máis innovador neste libro é a apelación directa ás protagonistas da súa investigación, desaparecendo a mediatización e a paráfrase. A través das páxinas de Anderson, as mulleres galegas recuperan a palabra.

Bionota en gallego de la conferenciante

Alba Rodríguez Saavedra é tradutora e editora técnica en Afundación, e membro do Grupo de Investigación en Tradución e Paratradución (T&P) da Universidade de Vigo. As súas liñas de análise principais, asentadas en feminismo e tradución, céntranse no estudo das distintas manipulacións arredor dos conceptos da moura e a cailleach, e a ocultación da obra de Ruth Matilda Anderson. Algúns dos seus artigos e relatorios son A moura, a deusa traducida, Silence and Distortion of Feminine Characters in Irish Folktales, Invisibilización, manipulación, estereotipación. Mecanismos para a ocultación da obra escrita de Ruth Matilda Anderson en Galicia, Tecendo identidades. Mulleres autoras e protagonistas nas letras galegas actuais ou A tradución das marxes como reivindicación das mulleres galegas. Elas, as elididas, a través de Ruth Matilda Anderson (Premio de Investigación Enxeñeiro Comerma Concello de Ferrol 2023).

Publicações relacionada

Nociones clave para-traducir entre la transtextualidad y la transmedialidad

Desde la Coordinación del Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) –Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia y Máster Europeo en Tradución (EMT) de la Dirección General de Traducción de la Unión Europea– nos complace anunciar que el Grupo de Investigación Traducción & Paratraducción (T&P) estará presente en el Congreso internacional GLOTECH 2024: ” Shaping…

Ler mais
Entrevista TEF 2024: Lucía Traygo Cornejo

Que sentiches ao ser unha das 20 persoas seleccionadas de entre todos os mestrados da rede europea (EMT)? Dende o primeiro momento, sentín un profundo agradecemento polo grande equipo, a coordinación do MTCI, que fai posible este tipo de iniciativas, así como un forte compromiso para aproveitar esta oportunidade ao máximo. A idea de que…

Ler mais
Cursos de formación previa

Cursos de formación previa de Memorias de Tradución: coñecementos básicos e Corrección lingüística e fundamentos da práctica tradutiva O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) 一Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea一continúa a ofrecer formación especializada para o desenvolvemento…

Ler mais
Curso de transcreación

Dende a Coordinación do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) 一Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea一 comprácenos anunciar que, dado o interese que suscitou a proposta no noso alumnado, este ano 2024-25 ofertaremos un curso de transcreación.  Como…

Ler mais