QUINTA EDICIÓN DOS PREMIOS EGERIA
fevereiro 01, 2019

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional está de noraboa. A alumna Claudia Iglesias consegue o premio Egeria 2018

Parabéns para Claudia Iglesias, unha das premiadas do campus de Vigo polo seu TFM titulado: O espazo público paratradutor das reivindicacións feministas transnacionais, e dirixido polo seu profesor Óscar Ferreiro, no Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI), sobre a poesía slam: unha arte urbana que consiste nunha competición entre composicións que se interpretan na rúa.

Iglesias explica que, aínda que o slam é un xénero moi desenvolvido noutros países como EEUU ou Francia, preferiu centrarse nos poemas de mulleres afrodescendentes brasileiras. O traballo “analiza a ideoloxía dende o punto de vista da tradución, no caso de existir traducións escritas, e da paratradución, a través dos elementos paratextuais presentes no espazo onde se producen estas interpretacións, normalmente a rúa ou a favela”. A finalidade é “observar até que punto as denuncias das desigualdades das slammers chegan ao público receptor, tanto nacional canto internacional”. Sobre o galardón, recoñece que é moi importante que a Unidade de Igualdade premie o esforzo que require un TFM e que fomente a investigación desde o punto de vista do xénero. “Na nosa Universidade contamos con grandes investigadoras nesta área e grazas aos seus artigos puiden formarme neste eido e escoller a temática do traballo”.

Máis no DUVI, no Faro de Vigo, e no Diario de Pontevedra

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

PT
Pular para o conteúdo