Salidas profesionales al terminar el grado de T&I

Cumpliendo con el cronograma de los eventos científicos programados y las actividades extraacadémicas previstas en cada curso académico por el Grupo de Investigación y el Programa Doctoral Internacional Tradução & Paratraducción (T&P), el Mestrado em Tradução para a Comunicação Internacional (MTCI) –MESTRADO UNIVERSITÁRIO COM EXCELÊNCIA DA XUNTA DE GALICIA– y el Título Propio de Especialista em Tradução para a Indústria de Videojuego (ETIV) de la Universidade de Vigo (UVigo), el próximo jueves, 28 de abril de 2022, a las 13.00 h y en el Salón de Grados de la Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT), Ignacio Urrutia Sobrino impartirá la conferencia titulada

Folla de ruta profesional para persoas egresadas de Tradución e Interpretación

 

Bionota del conferenciante

Lingüista multitarefas, Ignacio Urrutia Sobrino é licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, probou inicialmente a traballar para unha grande firma de moda galega. Farto do inmobilismo patente e falta de recoñecemento, marchou na procura de terras máis fértiles a Inglaterra, onde traballou como tester lingüístico para unha empresa que desenvolvía e testaba videoxogos. Ese traballo deu paso a outro de xestor de proxectos en Madrid, un posto de alta intensidade e con multiplicidade de tarefas, pero do que puido aprender todo e de todo en relación a este oficio.

Na busca dun pouco máis de tranquilidade, o traballo lévao a París, onde traballa para a empresa norteamericana Blizzard Entertainment traducindo en equipo World of Warcraft and the Burning Crusade. Este romance bélico acabou abruptamente en novembro de 2007 logo dunha folga ás portas de empresa e desde entón nunca deixou de ser autónomo e de ampliar e mellorar a súa carteira de clientes.

Logo de vivir e traballar como tradutor, revisor e intérprete durante 3 anos en Budapest, múdase a Heidelberg para espallar a lingua galega como lector designado pola Xunta de Galicia na Facultade de Linguas Romances de Heidelberg. Este posto de 3 anos tamén se viu interrompido por decisión propia debido a unha mala xestión e prácticas por parte do seu coordinador.

Emprazado en Vigo desde 2013, mantén unha intensa actividade como tradutor, revisor, editor, intérprete, transcritor e subtitulador en directo dentro dun equipo de catro persoas que compoñen o despacho Tradurrutia. Tamén colabora co programa de prácticas de Tradución de Interpretación da Uvigo e da Universidade Internacional de Valencia desde o ano 2018 con visos a axudar a outros colegas e dar os seus primeiros pasos no competitivo mercado dos servizos lingüísticos.

Asistir a distancia al acto

Aunque recomendamos vivamente la presencialidad del público asistente para una mayor interacción, aquellas personas que quieran escuchar el audio de la conferencia pueden hacerlo a través del Campus Remoto de la UVigo con estos datos:

Publicações relacionada

Do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional ao Parlamento Europeo: entrevista con Alba Rubio Alonso

Por que decidiches solicitar a bolsa Schuman do Parlamento Europeo e como te enteraches da convocatoria? Que esperabas aprender ou experimentar durante o teu período de prácticas? Dende a adolescencia, sempre sentín un especial interese polas culturas. Cando estudei o Grao en Linguas Estranxeiras e, posteriormente, o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional, sabía…

Ler mais
Aberta a inscrición na microcredencial «Tradución e dobraxe»

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional da Universidade de Vigo informa que puxo en marcha, a través do docente Xoán Montero, a microcredencial «Tradución e dobraxe», unha formación semipresencial de 3 ECTS pensada para iniciar o alumnado nas profesións de tradutor/a audiovisual e actor/actriz de dobraxe. Trátase dunha excelente oportunidade para achegarse ao…

Ler mais
O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional consolídase como referente internacional cunha avalancha de solicitudes e lidera a demanda en Humanidades

O Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) volve acadar un fito sen precedentes ao recibir, un ano máis, unha auténtica avalancha de solicitudes de preinscrición, consolidándose como o máster máis demandado dentro da área de Humanidades da UVigo na convocatoria actual. Con aproximadamente cen solicitudes rexistradas, este máster universitario —distinguido pola Xunta de…

Ler mais