Visita ao Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O pasado 25 de marzo, o alumnado da materia Tradução e serviços culturais do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional da UVigo realizou unha saída de estudos a Pontevedra para visitar o Salón así como o Museo Provincial de Pontevedra.

O Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra é un evento cultural de referencia en Galicia, centrado en promover a lectura e a literatura nas novas xeracións. Se ben entre o público destinatario principal está a cativada, nas súas instalacións un pode topar exposicións, faladoiros, obradoiros, contacontos e outras actividades interactivas para todos os públicos.

Organizado de maneira anual, xa vai pola XXVI edición. Na visita guiada que nos ofreceu Eva Mejuto comprobamos que no salón non é a literatura a única protagonista: as persoas que xestionan a organización procuran mesturar a literatura con outras disciplinas artísticas, para as cales tratan de buscar a participación de autorías e profesionais do ámbito educativo. Desta forma, cada edición xira arredor dunha temática específica (a do 25 foi o cinema). Así mesmo, todos os anos hai un país convidado no que se basea en certo modo o catálogo de libros e actividades. Desta volta tocoulle a Francia e homenaxeouse a dúas profesionais con dilatada traxectoria na tradución de textos do francés para o galego como Xavier Senín e Isabel Soto.

Coa intención de iniciar unha colaboración co Museo de Pontevedra, realizamos tamén una primeira visita guiada que nos levou a valorar as posibilidades da tradución museística. Nesta ocasión limitámonos a coñecer o contido do edificio Castelao que acolle algunhas das obras máis representativas da autoría de figuras como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Maruja Mallo, Joaquín Sorolla, Ramón Casas ou Fernando Álvarez de Sotomayor, entre outras.

Publicações relacionada

¡Vuelven los Premios ETIV-UVigo en su III Edición!

Nos complace anunciar que los Premios ETIV-UVigo regresan un año más para celebrar y reconocer la excelencia en la localización de videojuegos. Estos galardones, organizados por la Universidade de Vigo y el grupo de investigación TI4 Traducción & Paratraducción (T&P), forman parte de las actividades del Título Propio de Especialista en Traducción para la Industria…

Ler mais
Citizens’ Language Days: entrevista a Paula Sánchez

1.     Que sentiches ao ser unha das 24 persoas seleccionadas de entre todos os mestrados da rede europea (EMT)? Creo que o sentimento de ledicia que vivín cando recibín a noticia é indescritible. Foi una grata sorpresa e unha gran oportunidade que tiña claro que ía aproveitar ao máximo. Sentinme moi afortunada de poder representar…

Ler mais