UNHA ALUMNA DA PRIMEIRA PROMOCIÓN DO MTCI RECIBE O PREMIO EMPRENDEDOR DE VILALBA
Febreiro 26, 2019

UNHA ALUMNA DA PRIMEIRA PROMOCIÓN DO MTCI RECIBE O PREMIO EMPRENDEDOR DE VILALBA

(Texto en galego da entrevista a Marta SEOANE PERNAS) 

MTCI

Parabéns polo premio Marta. Sen dúbida é un gran recoñecemento polo traballo ben feito. Grazas por responder á nosa chamada e por contestar as nosas preguntas. Ante todo, quixera preguntarche sobre a orixe de Carpers Distilled Beverages, S. L.

Marta
Carpers gin naceu o 28 de marzo de 2018 despois de meses de preparación. Aínda non cumprimos un ano, pero todo empezou cunha conversa sobre as xenebras rosas que empezaban a aparecer no mercado das bebidas destiladas. Non había xenebra rosa que non levase aditivos, colorantes, etc. A idea tornouse evidente: ver a posibilidade de propoñer unha xenebra rosa de calidade elaborada con produtos naturais e procedentes de Galicia. Tamén tiven a sorte de ter o apoio da miña familia.

MTCI

Poderías dicirnos cales son os ingredientes e o proceso de elaboración? Se non é secreto, claro.

Marta

Elaboramos unha xenebra rosa a partir de froitos vermellos como o amorodo, a framboesa, o arando e a moura. É a moura a que lle dá ese ton rosado á nosa xenebra. Carpers Gin aromatízase mediante a combinación das técnicas de maceración e infusión ao vapor. Para ligar os aromas ao alcol base necesítase un aceite esencial proveniente dun froito seco, nós tiñámolo claro, en Galicia había que recorrer á castaña. O alcohol base obtense de cereal, no noso caso trigo. Finalmente, para o proceso de destilación usamos alambiques de cobre, permitíndonos controlar todo o proceso, o que garante a calidade do produto final.

MTCI

E que ten que ver a xenebra coa Tradución e a Interpretación?

Marta

Pois bastante ten que ver. Encargueime da tradución dos nosos folletos, da nosa páxina web, que vén en catro idiomas. Ademais, a nosa próxima etapa, despois do mercado galego e o nacional, é lanzar o noso produto a nivel internacional así que os idiomas serán imprescindibles. Ademais, aínda que o inglés é un idioma esencial sempre teño presente que hai que ter en conta os aspectos culturais. Para alcanzar ao cliente non só tes que falar o seu idioma, senón que tamén é preciso entender a súa cultura.

«A formación no Mestrado  en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI)

foi esencial para que puidese levar adiante este proxecto empresarial»

MTCI

Fuches alumna da primeira promoción do Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI) no curso 2014/2015, se mal non recordo. Que che achegou esta formación?

Marta

Podo dicir que foi esencial para que puidese levar adiante este proxecto empresarial. Hai nocións de comercio internacional que non coñecería. É máis, aprendín moito tamén sobre economía e dereito. O que quizá máis me axudou, foi un proxecto que tivemos que facer no mestrado realizando a creación dunha empresa desde o seu punto inicial ata o pleno funcionamento, isto ademais de proveitoso é moi clarificador á hora de comezar coa empresa e todas as xestións que leva consigo. Folga dicir que en canto á internacionalización é fundamental a materia de importación/exportación.

MTCI

Comentabas que a próxima etapa é a internacionalización, Como ves o futuro de Carpers Distilled Beverages, S. L.?

Marta

A verdade é que o vexo bastante esperanzador. Hai enquisas que subliñan que un 75% da xente nova é consciente que as marcas de alcol artesanais son de mellor calidade e ademais están dispostos a pagar un pouco máis por elas. A nivel internacional, no mercado inglés a xenebra é un produto xa recoñecido. Non diría o mesmo do mercado francés xa que prefiren o seu produto interno, pero unha xenebra diferente e natural como a nosa sempre chamará a atención e máis falando dun mercado como este último especializado en produto gourmet. Ademais, queremos sacar novos produtos, o que supón que temos máis traballo por diante, e este premio da Asociación de empresarios de Vilalba, anímanos a seguir adiante.

MTCI

Parabéns outra vez Marta e grazas por atendernos. Prometemos consumir xenebra Carpers, sempre con moderación. Ánimo e sorte para o futuro.

Marta

Moitas grazas.

____________________________________________________________________

(Texto en castellano de la entrevista a Marta SEOANE PERNAS)

MTCI

Enhorabuena por el premio Marta. Sin duda es un gran reconocimiento por el trabajo bien hecho. Gracias por responder a nuestra llamada y por contestar a nuestras preguntas. Ante todo, quisiera preguntarte sobre el origen de Carpers Distilled Beverages, S. L.

Marta

Carpers gin nació el 28 de marzo de 2018 después de meses de preparación. Aún no hemos cumplido un año, pero todo empezó con una conversación sobre las ginebras rosas que empezaban a aparecer en el mercado de las bebidas destiladas. No había ginebra rosa que no llevara aditivos, colorantes, etc. La idea se hizo evidente: ver la posibilidad de proponer una ginebra rosa de calidad elaborada con productos naturales y procedentes de Galicia. También he tenido la suerte de tener el apoyo de mi familia.

MTCI

¿Podrías decirnos cuáles son los ingredientes y el proceso de elaboración? Si no es secreto, claro.

Marta

Elaboramos una ginebra rosa a partir de frutos rojos como la fresa, la frambuesa, los arándanos y la mora. Es la mora la que le da ese tono rosado a nuestra ginebra. Carpers Gin se aromatiza mediante la combinación de las técnicas de maceración e infusión al vapor. Para ligar los aromas al alcohol base se necesita un aceite esencial proveniente de un fruto seco, nosotros lo teníamos claro, en Galicia teníamos que recurrir a la castaña. El alcohol base se obtiene de cereal, en nuestro caso trigo. Finalmente, para el proceso de destilación usamos alambiques de cobre, permitiéndonos controlar todo el proceso, lo que garantiza la calidad del producto final.

MTCI

¿Y qué tiene que ver la ginebra con la traducción y la interpretación?

Marta

Bueno pues bastante tiene que ver. Me he encargado de la traducción de nuestros folletos, de nuestra página web, que viene en cuatro idiomas. Además, nuestra próxima etapa, después del mercado gallego y el nacional, es lanzar nuestro producto a nivel internacional así que los idiomas serán imprescindibles. Además, si bien el inglés es un idioma esencial siempre tengo presente que hay que tener en cuenta los aspectos culturales. Para alcanzar al cliente no sólo tienes que hablar su idioma, sino que tienes también que entender su cultura.

«La formación en el Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI)

ha sido esencial para que pudiese llevar adelante este proyecto empresarial»

MTCI

Fuiste alumna de la primera promoción del Máster en Traducción para la Comunicación Internacional (MTCI) en el curso 2014/2015, si mal no recuerdo. ¿Qué te ha aportado esta formación?

Marta

Puedo decir que ha sido esencial para que pudiese llevar adelante este proyecto empresarial. Hay nociones de comercio internacional que no habría conocido. Es más, he aprendido mucho también sobre economía y derecho. Lo que quizá más me ha ayudado, ha sido un proyecto que tuvimos que hacer en el máster realizando la creación de una empresa desde su punto inicial hasta el pleno funcionamiento, esto además de provechoso es muy clarificador a la hora de comenzar con la empresa y todas las gestiones que lleva consigo. Huelga decir que en cuanto a internacionalización se refiere es fundamental la asignatura de importación/exportación.

MTCI

Comentabas que la próxima etapa es la internacionalización, ¿Cómo ves el futuro de Carpers Distilled Beverages, S.L.?

Marta

La verdad es que lo veo bastante esperanzador. Hay encuestas que subrayan que un 75% de la gente joven es consciente que las marcas de alcohol artesanales son de mejor calidad y además están dispuestos a pagar un poco más por ellas. A nivel internacional, en el mercado inglés la ginebra es un producto ya reconocido. No diría lo mismo del mercado francés ya que prefieren su producto interno, pero una ginebra diferente y natural como la nuestra siempre llamará la atención y más hablando de un mercado como éste último especializado en producto gourmet. Además, queremos sacar nuevos productos, lo que supone que tenemos más trabajo por delante, y este premio de la Asociación de empresarios de Vilalba, nos anima a seguir adelante.

MTCI

Enhorabuena otra vez Marta y gracias por habernos atendido. Prometemos consumir Ginebra Carpers, siempre con moderación. Ánimo y suerte para el futuro.

Marta

Muchas gracias.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

GL
Skip to content